Beatriz Serén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeatriz Serén

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , Superbe Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4402870 Editar o valor em Wikidata

Beatriz Serén Díaz, nada o 13 de xuño de 1987 en Lugo, é unha actriz galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arte dramática e produción audiovisual, complementando a súa formación con mestres coma Fernando Piernas ou Macarena Pombo entre moitos outros. Tamén ten formación en danza, esgrima e hípica.

Iniciou a súa carreira profesional no 2008 participando en varias producións audiovisuais. Foi a protagonista de longametraxes como El camino de la vida (2009) ou Blockbuster (2013).

Participou en series da Televisión de Galicia como Matalobos e Pazo de familia, nesta última co personaxe de Claudia Pardo durante as oito temporadas da serie, papel polo que foi nomeada en 2017 e en 2019 a mellor actriz nos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Presentadora de Luar xunto a Xosé Ramón Gayoso, tamén colaborou en diferentes programas da TVG como Land Rober Tunai Show ou Adiviña quen ven estar tarde. Presentou en solitario varios programas da mesma canle como Adiviña quen ven esta noite.

Traballos[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • "Mellor actriz de reparto" Premios Mestre Mateo 2017, pola serie Pazo de familia (nomeada)
  • "Mellor actriz de reparto" Premios Mestre Mateo 2019, pola serie Pazo de familia (nomeada)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páxina da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (ed.). "Currículo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de novembro de 2015. Consultado o 02 de decembro de 2014. 
  2. "Pazo de familia. Portfolio". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 02 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]