Saltar ao contido

Beatriz Pelaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBeatriz Pelaz
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza - Doutora en filosofía
Universidade de Valladolid
Universidade de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 4686635

Beatriz Pelaz García, nada en Valladolid en 1982,[1] é unha química e investigadora española da Universidade de Santiago de Compostela.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Química pola Universidade de Valladolid (2005) e en Bioquímica pola Universidade de Zaragoza (2011). En marzo do 2012, obtivo o seu título de doutoramento con mención Europea pola Universidade de Zaragoza, coa tese Tailoring the synthesis and the functionalization of nanoparticles for nanomedicine, dirixida por Pablo Alfonso del Pino González de la Higuera e mais Jesús Martínez de la Fuente.

Traballou como investigadora na Philipps-Universität Marburg, en Alemaña. Desde xaneiro de 2017 colidera o grupo BionanoTools no CiQUS. En 2020, o Consello Europeo de Investigación concedeulle unha Starting Grant. A súa investigación céntrase no desenvolvemento de materiais intelixentes controlables remotamente, e o estudo da súa interacción con entidades biolóxicas.

Distincións

[editar | editar a fonte]
  1. R. Romar (2 de maio de 2022). "Beatriz Pelaz, mejor química joven de España: «Desde Galicia puedo seguir creciendo»". La Voz de Galicia. ,
  2. "Beatriz Pelaz". CiQUS -USC - Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). 2016-07-19. Consultado o 2024-10-17. 
  3. Ferradáns, Juan (2024-10-17). "Beatriz Pelaz, investigadora do CiQUS, galardoada co Premio Nacional de Investigación para Xoves 2024". Diario de Santiago. Noticias de Santiago de Compostela y Galicia. (en castelán). Consultado o 2024-10-17.