Beatriz Merino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beatriz Merino
Beatrizmerino.jpg
Nacemento15 de novembro de 1947
Lugar de nacementoLima
NacionalidadePerú
Alma máterUniversidade Nacional Maior de São Marcos, London School of Economics e Harvard Law School
Ocupaciónpolítica, avogada e profesora universitaria
PremiosGran Cruz da Orde El Sol do Perú
editar datos en Wikidata ]

Martha Beatriz Merino Lucero, nada o 15 de novembro de 1947 en Lima, é unha avogada e política peruana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1990 e o 1992 foi Senadora da República e Congresista da República do Perú de 1995 a 2000, formando parte da oposición parlamentaria ao goberno de Alberto Fujimori. Entre os anos 2001 e 2003 ocupou o cargo de Superintendenta Nacional de Aduanas e de Administración Tributaria. En 2003, foi designada como Primeira ministra do Perú baixo a presidencia de Alejandro Toledo, converténdose na primeira muller en desempeñar o devandito cargo no Perú e en América Latina.[1] Foi tamén a primeira muller en ser designada como Defensora do Pobo en 2005, cargo que ocupou ata 2011.

Posteriormente, Merino foi a presidenta da Asociación de Administradoras de Fondos de Pensións de 2011 a 2012 e presidenta da Asociación Peruana de Hidrocarburos de 2013 a 2015.[2][3] Dende 2016 é a presidenta executiva da Universidade César Vallejo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En 1973, a vicepresidenta arxentina María Estela Martínez (1931-) foi nomeada presidenta da República pola morte do presidente Juan Domingo Perón (1895-1974).
  2. "Beatriz Merino renunció a la Asociación de AFP". El Comercio (en castelán). 9 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de marzo de de 2020. 
  3. "Beatriz Merino: Garbo y Figura". www2.caretas.pe. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2020.