Saltar ao contido

Beatriz Hernanz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBeatriz Hernanz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Beatriz Hernanz Angulo Editar o valor en Wikidata
17 de outubro de 1963 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Directora Instituto Cervantes
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, crítica literaria, tradutora, poetisa Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Cervantes Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e ensaio Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX4579141 BUSC: hernanz-beatriz-1963 Dialnet: 265964

Beatriz Hernanz Angulo, nada en Pontevedra o 17 de outubro de 1963, é unha poeta, tradutora e crítica literaria galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada e doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, tamén cursou estudos de doutoramento na Universidade de Edimburgo cunha bolsa Stevenson.[2]

Ten traballado no ámbito da docencia universitaria (profesora en universidades inglesas e americanas, ademais de directora académica na ESADT da Universidade de Kent) e da crítica literaria, así como en postos directivos de xestión cultural de entidades como a Fundación Carolina. Foi directora do Centro de Documentación Teatral do INAEM e coordinadora xeral d Comisión dO Centenario de 1898.[2]

En 2024 era Directora do Instituto Cervantes en Cracovia.[3]

Como crítica, ten colaborado nos xornais ABC, El Mundo e El País, e nas revistas Turia, Cuadernos del matemático ou Barcarola, entre outras.[4]

Como tradutora, ten verquido ao castelán pezas soltas de poetas como Eugenio Montale, Edward Estlin Cummings , ou Wisława Szymborska.[5]

  • La lealtad del espejo (1993). Albacete: Concello. Prólogo de Francisco Umbral. Premio Barcarola de poesía (1993).
  • La vigilia del tiempo. (1996). Madrid: Ediciones Rialp. Accésit do Premio Adonais (1996).
  • La epopeya del laberinto (2001). Palma de Mallorca: Calima.
  • La piel de las palabras (2005). Palma de Mallorca: Calima. Prólogo de José Manuel Caballero Bonald.
  • Los volcanes sin sueño (2011). Madrid, Polibea, Colección Los Conjurados. Con poema preliminar de Rafael Cadenas.
  • Habitarás la luz que te cobija (2017). Oviedo, Ars poética. Prólogo de Jorge Edwards.
  • Cenizas solares (Cuaderno siciliano) (2024) Oviedo: Ars Poética.

En galego

[editar | editar a fonte]
  • A pelegrina do vento (2013). Toledo: Lastura. (Antoloxía da súa obra en galego).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi irmá do xurista e árbitro de fútbol Rafael Hernanz Angulo.

  1. "Beatriz Hernanz Angulo". amediavoz.com. Consultado o 2024-02-10. 
  2. 2,0 2,1 "Currículum vítae de Beatriz Hernanz Angulo. Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2024-02-10. 
  3. "Instituto Cervantes de Cracovia.". cracovia.cervantes.es. Consultado o 2024-02-10. 
  4. "Beatriz Hernanz Angulo Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2024-02-10. 
  5. "Beatriz Hernanz Angulo" (PDF). pwnmadrid.org. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]