Beatriz González López-Valcárcel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Beatriz González López-Valcárcel
Nome completoBeatriz González López-Valcárcel
Nacemento1957
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de La Laguna
OcupaciónCátedra universitaria, investigadora e economista
Premiosfillo adoptivo, doutor honoris causa e Orde Civil de Sanidade
editar datos en Wikidata ]

Beatriz González López-Valcárcel, nada en Vigo, é unha catedrática e investigadora galega en economía da saúde.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Económicas pola Universidade de La Laguna[1], é profesora da Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Foi presidenta da Asociación Española de Economía da Saúde entre 2004 e 2005, da Sección de Economía da Saúde Pública da Asociación Europea de Saúde Pública (EUPHA) entre 2011 e 2012. Foi membro do Consello Asesor de Sanidade do Ministerio de Economía de España e representante de Canarias en o Comité Consultivo do Sistema Nacional de Saúde.[2] Presidenta da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria entre 2015 e 2017.[3]

En 2011 recibiu a Cruz da Orde Civil de Sanidade e foi nomeada filla adoptiva das Palmas de Gran Canaria en 2009. En 2016, foi á súa vez nomeada filla adoptiva da Illa de Gran Canaria.

En 2017, o portal MujeresCia elixiuna entre as 100 mulleres líderes en España.

É profesora Honoris Causa pola Universidade Isalud de Buenos Aires (2015).

Notas[editar | editar a fonte]