Beatriz Benavides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Beatriz Benavides foi unha emprendedora e mercadora compostelá do século XVI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 1554 estaba casada con Francisco Correa, que se dedicaba á recadación de rendas de señores e administracións. Cando casaron, xa Francisco tiña dous fillos dun anterior matrimonio, con Beatriz tivo outros seis. Logo do pasamento do seu marido, Beatriz sacou adiante a súa familia e accedeu en 1562 á titoría das crianzas, outorgou xenerosos dotes ás súas fillas e fixo compras e contratos xunto co seu fillo maior, chamado Xácome. Administrou, controlou e xestionou os bens e negocios da parte que lle correspondía dos bens gananciais. No ano 1578, estando enferma, fixo un único testamento conservado no que repartiu os bens entre todos os seus fillos e fillas, tamén deixou dádivas a criados e parentes seus e mellorou ao seu fillo Xácome.

Pouco se sabe do seu xeito de facer negocios. Vendía panos ao fiado a axentes distribuidores. Non se sabe se nestas aventuras mercantís, asumía o risco a título individual ou se o asumía con outros investidores. Ultimamente só conservamos un contrato pechado xunto o seu futuro xenro, Xoán Díaz de Guadalupe, para a conformar unha compañía ou sociedade comercial, que duraría catro anos e que tiña como finalidade principal sentar as bases económicas do novo fogar da súa filla. Xoán Díaz, mercador, tería esa cantidade para comerciar con panos e outras mercadorías, devolvería os cartos, e partirían a medias en rendementos e perdas.

En 1582, Beatriz Benavides era unha muller de máis de media idade e pouco despois pérdese a súa pista ata 1590, cando xa falecera.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]