A Guerra da Beatriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Beatriz's War»)

Beatriz's War
Ficha técnica
DirectorLuigi Acquisto
Bety Reis
ProdutorStella Zammataro, Luigi Acquisto
GuiónLuigi Acquisto, Irim Tolentino
Baseado enCaso Martin Guerre
IntérpretesIrim Tolentino, Sandra da Costa, Augusta Soares, Dorotea Soares, José da Costa, Eugénio Soares, Osme Gonçalves, Funu Lakan
MúsicaJamie Saxe
FotografíaValeriu Campan
MontaxeNick Calpakdjian
EstudioDíli Film Works Fair Trade Films
Estrea 17 de setembro de 2013
Duración98 minutos
Orixe Timor Leste
Xénerodrama
Orzamento200.000 AU$
Na rede
http://www.aguerradabeatriz.com/ e http://www.aguerradabeatriz.com/
IMDB: tt3229248 Filmaffinity: 199125
Facebook: A.Guerra.Da.Beatriz Editar o valor em Wikidata

A Guerra da Beatriz é un filme dramático timorense de 2013, en lingua tetum, dirixido por Luigi Acquisto e Bety Reis. É a primeira longametraxe producida en Timor Leste.[1][2]

Estreouse o 17 de setembro de 2013 en Dili.[3] Durante o primeiro mes foi vista por uns 30.000 timorenses en proxeccións ao aire libre.[4] Gañou o Pavo Real de Ouro no Festival Internacional de Cinema da India.[5] Foi proxectada no Festival de Cinema de Adelaida.[6] Tamén gañou dous premios da Sociedade Cinematográfica Australiana.[7]

Sinopse[editar | editar a fonte]

O filme está baseado na historia de Martin Guerre[8] ocorrida no século XVI en Francia, trasladada ao contexto de Timor Leste durante a ocupación indonesia. O filme céntrase na vida dunha muller timorense chamada Beatriz. A historia comeza con Beatriz coñecendo ao seu futuro marido, Tomás, sendo ambos nenos. Casan novos e pouco despois comeza a invasión indonesia de Timor Leste. Beatriz loita polo seu verdadeiro amor e polo seu país.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Guerra da Beatriz, novo filme da Dili Film Works" (en portugués). 2 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  2. "Beatriz's War". www.thefilmcatalogue.com (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  3. "Primeira longa-metragem timorense chegou hoje ao cinema" (en portugués). 17 de setembro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  4. "Fresh start for East Timor's film scene" (en inglés). 2 de outubro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  5. "Filme timorense vence festival de cinema da Índia" (en portugués). 2 de decembro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  6. "Adelaide Film Festival" (en inglés). Archived from the original on 03 de novembro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  7. "Filme timorense A Guerra da Beatriz estreia em Sydney neste domingo, 23 de março" (en portugués). 6 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  8. http://www.sbs.com.au/movies/review/beatrizs-war-review

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]