Beatrice Hicks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeatrice Hicks
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Orange, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de outubro de 1979 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Princeton, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
President of the Society of Women Engineers (en) Traducir
1950 – 1952 – Lillian Murad (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Politécnico Rensselaer
Newark College of Engineering (en) Traducir
Stevens Institute of Technology (en) Traducir
Orange High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorWestern Electric (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios

WikiTree: Hicks-19326

Beatrice Alice Hicks, nada en Orange (Nova Jersey) o 2 de xaneiro de 1919 e finada en Pricenton (Nova Jersey) o 21 de outubro de 1979, foi a primeira muller enxeñeira en ser contratada pola compañía estadounidense de enxeñaría eléctrica Western Electric e a primeira presidenta da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras (SWE).[1] A pesar de ingresar no campo da enxeñaría nun momento onde era considerada como unha carreira inapropiada para as mulleres, Hicks tamén ocupou unha variedade de posicións de liderado e co tempo converteuse na dona dunha empresa de enxeñaría. Hicks tamén desenvolveu un indicador de densidade de gas que se utilizou no programa espacial dos Estados Unidos, nos sistemas de ignición dos foguetes Saturno V que lanzaron as misións do proxecto Apollo.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Beatrice A. Hicks era filla de Florence Benedict e do enxeñeiro químico William Lux Hicks.[4] Hicks, decidiu a idade temperá que desexaba ser enxeñeira, despois de contemplar o Empire State Building e o George Washington Bridge co seu pai. Mentres a súa nai e pai apoiárona e non se opuxeron á carreira desexada por Hicks, algúns dos seus profesores e compañeiros trataron de disuadila de converterse en enxeñeira, véndoo como un papel socialmente inaceptable para unha muller.[5] En 1935 graduouse na Orange High School e en 1939 obtivo en Newark Collage of Engineering (agora New Xersei Institute of Technology) a licenciatura en enxeñaría química,[4] sendo unha das dúas mulleres da súa clase.[6] Durante a universidade, Hicks traballou na oficina de tesouraría dunha tenda de Abercrombie & Fitch, como telefonista e na biblioteca da universidade. Despois de recibir a súa licenciatura, Hicks quedou en Newark College of Engineering durante tres anos como asistente de investigación, onde estudou a historia dos inventos de Edward Weston e tomou clases adicionais pola noite.

En 1942 Hicks comezou a traballar na Western Electric Company, deseñando e probando osciladores de cristal de cuarzo en Kearny, New Xersei.[2] Foi a primeira muller en ser empregada pola Western Electric como enxeñeira,[4] e pasou tres anos traballando alí. Á morte do seu pai, uniuse á Compañía de Controis de Newark, con sede en Bloomfield, Nova Jersey, unha empresa metalúrxica que o seu pai fundara. Hicks traballou como enxeñeira xefe e logo como vicepresidenta a cargo da enxeñaría, antes de comprar o control da compañía ao seu tío en 1955. Hicks deseñou e patentou un interruptor de densidade do gas que máis tarde se utilizou no programa espacial dos Estados Unidos, incluíndo a aluaxe, e foi pioneira no campo dos sensores.[2][5][6] Mentres estaba en Newark Controls, Hicks obtivo unha mestría en física, que recibiu en 1949 do Instituto de Tecnoloxía Stevens.[3] Mentres cursaba unha mestría no Instituto de Tecnoloxía Stevens, Hicks completou algúns cursos de posgrao en enxeñaría eléctrica na Universidade de Columbia.[1]

En 1950 funda con outras compañeiras a Sociedade de Mulleres Enxeñeiras (SWE),[7] da que foi presidenta durante dous mandatos consecutivos, de 1950 a 1952.[2] En 1963 esta sociedade concedeulle a Hicks a súa máis alta honra, o Premio ao Logro da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras[2]. Hicks percorreu os Estados Unidos, defendendo a causa das mulleres enxeñeiras mediante actividades de divulgación e charlas. Ela cría que inicialmente as mulleres enxeñeiras serían observadas de preto, pero tamén serían rapidamente aceptadas.[2][4]

Premios[editar | editar a fonte]

Estes son algúns dos premios, nomeamentos e recoñecementos cos que foi homenaxeada Beatrice Hicks:

  • 1952, foi seleccionada pola revista Mademoiselle como Woman of the Year in Business debido ao seu papel en Newark Controls Company.[4]
  • 1978, foi convidada a unirse á National Academy of Engineering, a honra profesional máis alto na enxeñaría, e converteuse na sexta muller en unirse á organización.
  • 2001, foi incluída no National Women's Hall of Fame.[8]
  • Recibiu doutoramentos honorarios de Hobart e William Smith College, Rensselaer Polytechnic Institute, Stevens Institute of Technology e Worcester Polytechnic Institute.
  • Foi a primeira muller en recibir un doutoramento honorario de Rensselaer Polytechnic Institute.[7]
  • Foi membro da American Society of Mechanical Engineers e o Institute of Electrical and Electronics Engineers.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Engineering Technology History Wiki - Beatrice Alice Hick". Institute of Electrical and Electronics Engineers. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Bix, Amy Sue (2013). Girls Coming to Tech!: A History of American Engineering Education for Women (en inglés). MIT Press. ISBN 978-0-262-01954-5. 
  3. "NIHF Inductee Beatrice Hicks Invented a Gas Density Device". www.invent.org (en inglés). Consultado o 2020-05-10. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Ware, Braukman, Susan, Stacy (2005). Notable American Women: A Biographical Dictionary: Completing the Twentieth Century. Belknap Press. pp. 295–297. ISBN 978-0674014886. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Micheletti Puaca, Laura, Laura. "A New National Defense: Feminism, Education, and the Quest for “Scientific Brainpower,” 1940-1965". Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  6. 6,0 6,1 Cummings, Charles F., Charles F. (2016). Knowing Newark: Selected. The Newark Public Library. ISBN 978-0997428704. 
  7. 7,0 7,1 "Mulleres nas bibliotecas da UDC" (PDF). Universidade da Coruña. Consultado o 5-5-2020. 
  8. "Hicks, Beatrice A.". National Women’s Hall of Fame (en inglés). Consultado o 2020-05-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]