Bea Campos
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1984 Cerdedo-Cotobade, España |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, presentadora |
| Familia | |
| Nai | María Campos |
Beatriz Campos, máis coñecida como Bea Campos, nada en Cerdedo en 1984, é unha actriz, presentadora e conta-contos galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Dende moi nova comezou a contar contos en múltiples participando en festivais de artes escénicas en Latinoamérica. Forma parte da compañía "Migallas Teatro" con diferentes espectáculos para público infantil.[2] É cofundadora na compañía Inventi Teatro (con Carlos Alonso) e traballou como actriz profesional en Inversa Teatro, Avento Produccións, Triatreros, Arelas das Artes etc. É formadora de expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil. Traballou na TVG e en Kalandraka na canle de vídeos.[3] [4]
É filla de María Campos e Carlos Yus, os fundadores de Migallas Teatro.
Espectáculos
[editar | editar a fonte]- Con Migallas Teatro: Entre arrolos e contiños, Contos nas orellas, Orella Pendella, A procura do tesouro e Contos da mesa de noite.[5]
- Marcho que teño que marchar[6]
- Chejar e encher[7]
TVG
[editar | editar a fonte]- Por algo será!
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de interpretación Marta Sieiro na ESAD.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bea Campos, actriz e narradora: «Terían que aplaudirnos nos traballos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-02-20. Consultado o 2025-02-20.
- ↑ "Bea Campos". urdime.gal. Consultado o 2025-02-20.
- ↑ "Bea Campos – Narración Oral Galega". Consultado o 2025-02-20.
- ↑ "Evento: Club das lerchiñas: Bea Campos Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2025-02-20.
- ↑ "Club das lerchiñas Bea Campos". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2025-02-20.
- ↑ "Marcho que teño que marchar". urdime.gal. Consultado o 2025-02-20.
- ↑ "Chegar e encher". urdime.gal. Consultado o 2025-02-20.