Bauman L. Belden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bauman Lowe Belden»)
Infotaula de personaBauman Lowe Belden
Biografía
Nacemento1862
Morte11 de agosto de 1931
Cranford.
Nova Jersey.
Estados Unidos de América Estados Unidos.
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense.
Actividade
Campo de traballoNumismática e medallística.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCorinne Crittenden.
Premios
(1930): Medalla Huntington (ANS).


Bauman Lowe Belden, nado en 1862 e finado o 11 de agosto de 1931 en Cranford, Nova Jersey, foi un numismático estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Belden era membro da sociedade patriótica Sons of the American Revolution.[1]

Foi un recoñecido coleccionista de medallas e a súa colección foi vendida un ano despois da súa morte por Thomas Elder.[1]

Como numismático, Bauman Belden estivo vinculado desde 1886 á American Numismatic Society (ANS). Nesta entidade ocupou os cargos de bibliotecario (1891-1896), secretario (1896-1903 e 1905-1915), director (1909-1915), membro do consello executivo (1906-1928) e conselleiro honorario (1928-1931).[1][2][3]

Á marxe da ANS, Belden foi tamén membro da American Numismatic Association (ANA) e do Club Numismático e Nova York.[3] Tamén pertenceu á British Numismatic Society, de Londres.[4]

No tocante á súa vida familiar, Belden casou con Corinne Crittenden, con quen tivo unha filla.[1] O 11 de agosto de 1931 faleceu na súa residencia en Cranford, en Nova Jersey.[5][6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Estes son os traballos monográficos publicados por Belden en materia medallística e numismática:[9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Smith, P. (2012).
  2. Adelson, H. L. (1958). The American Numismatic Society 1858-1958. American Numismatic Society, Nova York. Páxinas 257, 351, 359-363.
  3. 3,0 3,1 "Belden, Bauman L. (Bauman Lowe), 1862-1931". American Numismatic Society.
  4. Pagan, H.; Farthing, C. (2003). "Members of the British Numismatic Society 1903-2003". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society, Londres. 73. Páxina 218.
  5. "Obituary". En The New York Times. 12 de agosto de 1931.
  6. Adelson, H. L. (1958). Páxina 340. Nota 11.
  7. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  8. Adelson, H. L. (1958). Páxina 374.
  9. "Belden, Bauman Lowe 1862-1931 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  10. "Belden, Bauman L. (Bauman Lowe) 1862-1931". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]