Batman (debuxos animados de 1969)
Aparencia
Batman with Robin the Boy Wonder | |
---|---|
Formato | Aventuras |
Creado por | Bob Kane |
Intérpretes | Animación |
País de orixe | Estados Unidos |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Estudio Filmation |
Duración | 30 minutos por episodio (dividido en dúas historias, unha dobre) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBS |
Formato de imaxe | 4:3 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Batman (Batman with Robin the Boy Wonder ou The Adventures of Batman) é unha serie de debuxos animados que emitiu a CBS en 1969. Consiste nunha versión de trinta minutos dunha serie do ano anterior The Batman/Superman Hour sen os segmentos de Superman nin os de Superboy. Nos episodios aparecen Batman, Robin, Batgirl e algúns dos seus inimigos clásicos. Cada episodio presentaba unha historia en dúas partes de seis minutos e medio cada unha que se combinaba con outra historia curta[1]. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1986, presentando cada unha desas historias como se fosen capítulos independentes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Batman YTB". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 12 de setembro de 2010.