Batalla do Campo da Matanza
| Batalla do Campo da Matanza | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Reconquista | |||||
| |||||
|
Resultado
Vitoria cristiá | |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
A batalla do Campo da Matanza foi un enfrontamento lendario ocorrido durante o reinado de Afonso II (791 - 842). Segundo a tradición oral e o folclore local, esta batalla tivo lugar no ano 813[1] nas proximidades da vila do Cádavo (concello de Baleira, Lugo), nun tramo do antigo Camiño Primitivo. Inda que carece de confirmación documental directa, a lenda relata unha vitoria cristiá contra as tropas musulmás do Emirato de Córdoba, vinculada a restos arqueolóxicos e símbolos heráldicos da zona.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Durante o reinado de Afonso II, os cristiáns enfrontábanse ás incursións do Emirato de Córdoba, gobernado por Hixam I (788 - 796). Este último impulsou campañas militares contra os territorios cristiáns do norte, destacando as ofensivas de 794 e 795. Os irmáns Abd al-Malik e Abd al-Karim, comandantes andalusís, usaban tácticas de distracción, mentres un exército atacaba ás forzas cristiás en Áraba, mentres outro avanzaba cara a Oviedo.
Afonso II, criado no mosteiro de Samos (Lugo), consolidou a ruta entre Oviedo e Lugo que posteriormente sería coñecida como Camiño Primitivo. Esta vía, crucial para o transporte militar e o comercio, pasaba por este "Campo da Matanza", unha zona estratéxica para emboscadas debido á súa xeografía accidentada.
En 795, tras a derrota na batalla de Lutos (794), onde morreu Abd al-Malik, Hixam I ordenou unha nova campaña liderada por Abd al-Karim. Este saqueou Oviedo e derrotou a Afonso II en Babias (León), pero unha columna secundaria andalusí que operaba en Galicia foi emboscada e aniquilada en lugar descoñecido.
Hipótese
[editar | editar a fonte]A tradición oral sostén que no 813, tras o descubrimento da tumba do apóstolo Santiago, Afonso II enfrontouse ás tropas musulmás no Campo da Matanza. A batalla, descrita como unha masacre, deixou restos de armaduras e armas, e o escudo da antiga casa consistorial de Baleira (hoxe no Cádavo) representa un cabaleiro cristián atacando a un guerreiro musulmán.[1][2]
Inda que as fontes históricas non mencionan ningunha batalla en 813, estudosos propoñen que a data real puido ser 795, axustando un erro de 18 anos por diferenzas entre os calendarios xuliano e gregoriano. Isto relacionaría o evento coa campaña de Abd al-Karim e a desaparición dun corpo secundario do exército andalusí en Galicia.[2]
O topónimo "Campo da Matanza"[3] aparece en varias zonas da península asociado a batallas lendarias entre mouros e cristiáns, e a táctica de emboscada en retiradas era habitual en Afonso II, como se demostra na batalla de Lutos (794). Segundo esta hipótese, as tropas musulmás estarían a retirarse cara a Oviedo, para reunirse co continxente principal, cando foron emboscadas no Campo da Matanza. Afonso II, coñecedor do terreo polos seus anos en Samos, lanzou un ataque sorpresa. A carga cristiá, combinada cun posible cerco posterior, explicaría a alta mortalidade andalusí.
As aparicións esporádicas de restos humanos e armas na zona non foron estudadas metodicamente, o que mantén o evento no ámbito da hipótese.
Ademais non é probable que os restos atopados na zona sexan do século IX, pois debido ás condicións climáticas, situación e o tipo de solos ácidos, desintégranse en poucos anos. Os restos aparecidos no século XX, poden ser de batallas máis recentes, pois o Campo da Matanza éstá nunha vía de paso entre Lugo e Asturias.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Historia". Concello de Baleira. Consultado o 2025.
- ↑ 2,0 2,1 Jhonathan Zúñiga (30 de outubro de 2018). "A Batalla do Campo da Matanza, unha posible luita olvidada no 795 entre cristiáns e andalusís no Cávado (Baleira/Lugo)". O Meigo do Tea.
- ↑ Xabier Moure Salgado (Decembro de 2011). "O Campo da Matanza". Galicia Encantada.