Saltar ao contido

Batalla de Poitiers (732)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Poitiers
Invasión musulmá da Galia Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Resultado
Vitoria franca decisiva.
Datas
 Data
10 de outubro de 732 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Participantes
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0clr1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 169293 BNE: XX555007
Wikidata C:Commons

A batalla de Poitiers, tamén chamada batalla de Tours, tivo lugar no 10 de outubro de 732, no marco da invasión musulmá da Galia. Resultou na vitoria das forzas francas e aquitanas, lideradas po Carlos Martel, sobre as forzas do Califato Omeia, dirixidas polo gobernador de Al-Andalus Abd al-Rahman ibn Abd Allah al-Ghafiqi, preto da cidade de Tours, na actual Francia.[1] Moitos historiadores consideran esta batalla o inicio da fin da expansión musulmá en Europa.[2]

Durante a batalla, os francos derrotaron o exército musulmán e al-Ghafiqi resultou morto.[3] Esta batalla freou a expansión musulmá cara ao norte dende a Península Ibérica e é considerada por moitos historiadores coma un acontecemento de grande importancia histórica, ao impedir a invasión de Europa por parte dos musulmáns e preservar o cristianismo como a fe dominante durante un período en que o islam estaba sometendo gran parte dos territorios do Imperio Romano do Oriente e acabara por conquistar o Imperio Sasánida, expansión que comezou en 632 tras a morte de Mahoma.

Datación

[editar | editar a fonte]

As fontes desta batalla son dubidosas, posto que as fontes musulmás de Al-Andalus da época a situaron ao redor do 732 pero a Crónica de 754, cristiá e contemporánea, suxeriu que a batalla se produciu a finais de 733 o 734, probablemente en outubro.[3]

Localización

[editar | editar a fonte]

Pese á grande importancia asignada a esta batalla, o lugar exacto onde tivo lugar é descoñecido. Moitos historiadores asumen que os dous exércitos se atoparon nun punto onde os ríos Clain e Vienne conflúen entre Tours e Poitiers.[Cómpre referencia]

  1. "La batalla de Poitiers, el freno la expansión del Islam". Historia National Geographic (en castelán). 2023-06-05. Consultado o 2025-09-08.
  2. Gibbon, Edward. "Chapter 52 of The Decline And Fall Of The Roman Empire". www.ccel.org.
  3. 1 2 "Fuentes de libros - Wikipedia, la enciclopedia libre". es.wikipedia.org (en castelán). Consultado o 2022-01-26.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.