Batalla de Otford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Otford
Data 776
Lugar cerca de Otford, Kent
Resultado descoñecido
Líderes
Offa de Mercia

A Batalla de Otford tivo lugar en 776 entre Mercia, dirixida por Offa de Mercia, e os xutos de Kent. A batalla tivo lugar en Otford, no actual condado inglés de Kent[1].

A Crónica anglosaxoa rexistrou que os mercianos e o pobo de Kent se enfrontaron en Otford, sen dar o resultado, a pesar de que se considera significativo que Kent se converteu novamente nun reino independente tras a batalla[2]. Os reis de Kent continuaron emitindo diplomas despois de 776, sen referencias a Offa, polo que os historiadores deduciron que Otford foi unha vitoria para Kent. Os diplomas S 35 (778), S 36 (779) e S 37 (765 x 785) están emitidos en nome de Ecgberht II, mentres que S 38 (datado 784) está emitido en nome de Ealhmund[3][4][5][6]. O cambio entre Ecgberht e Ealhmund non pode ser datado máis precisamente que entre 779–784.

Kent loitaba para permanecer independente fronte ao poder crecente de Mercia. Na década de 770, os reis de Kent resistían á súa degradación a subreis. Segundo o cronista Henrique de Huntingdon, os mercianos venceron nunha batalla preto de Sevenoaks. O historiador Frank Stenton argumentou que Ecgberht de Kent derrotou a Offa e que a independencia de Kent foi restaurada durante algúns anos. A vitoria de Offa sobre Wessex en Bensington e o aumento da presión de Mercia concluíu na absorción de Kent. Henrque de Huntingdon escribiu que foron os mercianos os triunfadores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Blackwell Encyclopaedia of Anglo-Saxon England. Blackwell. ISBN 0-631-22492-0. 
  2. ASC 773 Arquivado 26 de xullo de 2011 en Wayback Machine..
  3. "Electronic Sawyer S.35". Kings College London. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  4. "Electronic Sawyer S.36". Kings College London. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  5. "Electronic Sawyer S.37". Kings College London. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  6. "Electronic Sawyer S.38". Kings College London. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.