Saltar ao contido

Batalla de Montgisard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Montgisard
Batallas dos cruzados entre 1149 e 1189 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Resultado
Vitoria cristiá
Datas
 Data
25 de novembro de 1177 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Forzas
350 cabaleiros
(80 templarios)
Menos de 4000 infantes
27.000 homes
Baixas
Descoñecidas Máis de 15.000, sen contar a retirada, na que morreron moitos musulmáns de sede, perdendo cabalos etc.
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/02zx6y Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A batalla de Montgisard tivo lugar o 25 de novembro de 1177 entre musulmáns ao mando de Saladino e cristiáns baixo as ordes do rei Balduíno IV de Xerusalén. O conflito produciuse nos últimos anos da existencia do Reino Cristián de Xerusalén, cando Saladino ameazaba con invadir os estados francos de Siria.

Historia da batalla

[editar | editar a fonte]

O Reino de Xerusalén atopábase ameazado pola invasión de mamelucos e soldados musulmáns do Sultán Saladino, quen comandaba un exército de 27.000 homes segundo Guillerme de Tiro. Empezou a invasión sobre os campos crendo atacar un país sen defensores. Pero o novo rei Balduíno IV reuniu todos os cabaleiros que lle quedaban e levouse a Vera Cruz. Levou consigo 375 cabaleiros, dos cales 80 eran templarios baixo as ordes do mestre Eudes de Saint Amand, Reinaldo de Châtillon e Xocelino III de Courtenay, tío do rei; os irmáns Íbelin, Reinaldo de Sidón e Aubert, bispo de Belén, que levaba a Vera Cruz. A infantaría fora recrutada ás présas, incluíndo burgueses, e era máis numerosa que a cabalería, aínda que non superaba os catro mil homes.

O exército cristián atacou por retagarda ao musulmán e de forma sorpresiva, o que produciu unha gran confusión nas filas do exército de Saladino, quen se salvou de milagre grazas á abnegación dos mamelucos da súa garda persoal, que morreron case todos arredor del. Din as crónicas: "O novo rei, atacado pola lepra, superou todos os obstáculos e loitou cunha grande coraxe, o que deu tamén coraxe aos seus homes."

O exército de Saladino fuxiu en desbandada cara a Exipto, con enormes perdas, mentres que as tropas cristiás eran recibidas triunfalmente en Xerusalén.

A vitoria de Montgisard significou a supervivencia do Reino de Xerusalén até a morte do rei Balduíno IV.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]