Batalla de Lutos
| Batalla de Lutos | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Reconquista | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Resultado
Vitoria cristiá | |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data
| |||||||
| Implicados | |||||||
|
Participantes
| |||||||
|
Forzas
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
A batalla de Lutos produciuse en 794 cando o emir de Córdoba, Hixam I, enviou incursións militares contra o Reino de Galicia baixo o mando dos irmáns Abd al-Karim ibn Abd al-Walid e Abd al-Malik ibn Abd al-Walid.
Batalla
[editar | editar a fonte]Abd al-Karim levou a cabo unha campaña de razzias contra as terras de Áraba, mentres que o seu irmán Abd al-Malik dirixiu as súas forzas ao corazón do reino sen atopar unha resistencia importante á marxe da cidade de Oviedo. Arrasou gran parte do campo, incluídas as igrexas construídas por Fruela I. Ao seu regreso a Al-Andalus, no val do Camiño Real do Porto da Mesa, foron atacados polo rei Afonso II e as forzas ao seu mando. As forzas cristiás emboscaron ao exército musulmán nunha parte do val preto de Grau, Asturias, que foi considerada polos historiadores como a zona dos Lodos. A batalla resultou nunha vitoria cristiá e a maioría do exército musulmán invasor foi aniquilado.[1] Abd al-Malik, un dos irmáns, morreu na acción.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Despois da derrota, Hixam enviou ao ano seguinte unha expedición punitiva encabezada polo outro irmán Abd al-Karim ibn Abd al-Walid ibn Mugaith, quen derrotou ao exército cristián na batalla das Babias e noutros enfrontamentos, e finalmente conquistou Oviedo. Co inverno de 795 - 796 as tropas musulmás retiráronse.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Collins, Roger (2012). Califas y reyes: España, 796-1031. Blackwell Publishing. p. 65. ISBN 9788498925159.
