Saltar ao contido

Batalla de Germania Prima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Germania Prima
Invasión do Rin Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Data
407 Editar o valor en Wikidata
Implicados
Localización
 Localización
 País
Wikidata

A batalla de Germania Prima foi un acontecemento militar que tivo lugar no verán do ano 407.[1] Formou parte da invasión e saqueo da Galia levado a cabo por alanos, vándalos e suevos entre os anos 407 e 409.[2]

Localización

[editar | editar a fonte]

Descoñécese o lugar exacto da batalla, aínda que se sabe con certeza que tivo lugar no norte da Galia. Estímase que as posibles localizacións son os arredores de Bononia (Boulogne-sur-Mer) no contexto do desembarco de Constantino de Britania[2] ou algún punto da provincia de Xermania Primeira, Germania Prima, no marco da recuperación polos romanos de Augusta Treverorum (Tréveris) e o val do Ródano.[1][3]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Durante a Noitevella do ano 406, un conglomerado de pobos bárbaros cruzou repentinamente o Rin e entrou na diocese da Galia a través da provincia de Germania Prima. Despois dividíronse en varios grupos e estenderon a destrución por varias cidades. A única resposta romana veu do usurpador Constantino de Britania, que cruzou ao continente e conseguiu que se unisen a el tropas galas.

Constantino trasladouse da costa norte ao Rin, onde reuniu máis tropas e renovou acordos cos foederati da ribeira dereita do río. Despois de asegurar a fronteira, o seu exército chegou no verán á provincia de Germania Prima, o lugar por onde entraran os invasores e preto do cal se atopaba Augusta Treverorum, a capital da prefectura. Alí enfrontouse a eles, como Zósimo rexistrou brevemente na súa obra Nova Historia:

...os romanos enfrontáronse nunha forte batalla da que saíron triunfantes despois de acoitelar á maioría dos bárbaros, mais, como non perseguiron aos que fuxían (pois se así fose teríanos exterminado a todos nun masacre xeral), permitíronlles, unha vez que se recuperaran do revés e despois de congregar un gran número de bárbaros, estar en posición de loitar de novo.[4]

A vitoria permitiulle a Constantino recuperar as principais cidades ao longo do Rin, incluída a capital xa mencionada. Tamén lle abriu o camiño para continuar cara ao val do Ródano, que acabaría controlando, ata Arelate (Arles), onde estableceu o seu cuartel xeral.[3]

  1. 1,0 1,1 Ewig, Eugen (2007). "Die Franken und Rom (3.-5. Jahrhundert)" [Os francos e Roma (Séculos III - V)] (PDF). Rheinische Vierteljahrsblätter 71: 1–42, 28. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2022. Consultado o 24 de maio de 2025. 
  2. 2,0 2,1 Rodríguez González, Julio (2005). Diccionario de batallas de la historia de Roma (753 a. C. - 476 d. C.) [Dicionario de batallas da historia de Roma (753 a. C. - 476 d. C.)]. Signifer. p. 439. ISBN 8493326747. 
  3. 3,0 3,1 Scharf, Ralf (2008). Der Dux Mogontiacensis und die Notitia Dignitatum [O dux Mogontiacensis e a Notidia Dignitatum]. Walter de Gruyter. pp. 129–130. ISBN 9783110193978. 
  4. Zósimo (1992). "Libro VI". Nueva Historia [Nova Historia]. Gredos. ISBN 8424916050.