Saltar ao contido

Batalla de Gaugamela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Gaugamela
Guerras de Alexandre o Grande Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Data
1 de outubro de 331 a. C. Editar o valor en Wikidata
Implicados
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01k35z Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A batalla de Gaugamela (grego antigo: Γαυγάμηλα, romanizado: Gaugámēla; traducido: "a casa do camelo"), tamén chamada batalla de Arbela,[1] tivo lugar no 331 a. C. entre as forzas do exército de Macedonia baixo Alexandre o Grande e o exército persa baixo o rei Darío III. Foi a segunda e última batalla entre os dous reis, e considérase que foi o golpe final para o Imperio Aqueménida, resultando na súa completa conquista por Alexandre.

A loita tivo lugar en Gaugamela, unha aldea á beira do río Bumodus, ao norte de Arbela (actual Arbil, no Kurdistán iraquí). A pesar de estar en desvantaxe numérica, o exército de Macedonia saíu vitorioso debido ao emprego de tácticas superiores e ao uso intelixente de forzas de infantería lixeira. Foi unha vitoria decisiva para a Liga de Corinto, e levou á caída do Imperio Aqueménida e a de Darío III.

Ataque decisivo de Alexandre poñendo fin a batalla.
  1. ↑ "Battle of Gaugamela". britannica.com (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2025.