Batalla de Dunbar (1296)
| Batalla de Dunbar | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Primeira Guerra de Independencia de Escocia | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
|
Resultado
Vitoria de Inglaterra | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
|
Baixas
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A batalla de Dunbar de 1296 foi a primeira gran batalla librada entre os escoceses e os ingleses. O Rei Eduardo I de Inglaterra invadiu Escocia como castigo a Xoán Baillol por negarlle axuda na loita contra Francia. Foi a única acción de campo significativa da campaña de 1296 durante o inicio da Primeira Guerra de Independencia de Escocia.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Cando Alexandre III foi proclamado rei de Escocia en 1270, o reino escocés viviu unha época de paz e prosperidade. Trala súa morte no ano en 1286, a súa neta Margarida, “a dama de Noruega”, herdou o trono escocés, e foi xusto a oportunidade que Eduardo I de Inglaterra aproveitou para tentar casar o seu fillo Eduardo II con Margarida e así anexionar os reinos. Antes de casar en 1290, Margarida morre e comezan as tensións entre as dúas liñaxes máis importantes da aristocracia escocesa (os Balliol e os Bruce). Houbo continuas disputas entre as dúas familias até que Xoán de Balliol conseguiu chegar ao trono escocés coa axuda de Eduardo I. A partir dese intre Escocia estivo a disposición e servizo de Inglaterra.
En 1295 Escocia asinou un pacto con Francia, e négalle o seu exército a Inglaterra para combater contra os franceses. Por mor disto, Eduardo I decide invadir Escocia pola forza. O exército inglés (formado por 25.000-30.000 unidades de infantaría e 5.000 xinetes)[1] case non tivo problemas coas tropas escocesas, saqueando Berwick, masacrando 7.500 dos seus 11.000 a 16.000 habitantes[1] e tivo que afrontar a súa primeira batalla seria da invasión en Dunbar.
A batalla
[editar | editar a fonte]Tralo encontro dos dous bandos en Dunbar, ambos prepáranse para a batalla. Os ingleses deixaron a maioría das tropas no castelo de Dunbar e cunha parte dos soldados foron combater cos escoceses ao mando do conde de Surrey.[1] Para chegar até eles, os ingleses tiñan que atravesar un barranco cuxas ladeiras escarpadas foran incendiadas. Os ingleses superaron o problema sen dificultades, aínda que tiveron que romper filas para traspasalo. Pola súa parte, os escoceses pensaron que os ingleses rompendo as filas intentaban fuxir e que serían un inimigo débil se o atacaban nese mesmo instante. Levados polas súas ansias de guerra, os escoceses cometeron un grave erro porque cando chegaron onde se atopaban os ingleses, estes xa estaban agrupados en filas. Os ingleses non amosaron piedade pola súa parte e esmagaron o inimigo. Os escoceses, chegado ese momento, intentaron fuxir, e os poucos que os conseguiron acabaron agochándose no bosque de Selkirt. Ao final da batalla, no reconto das baixas, descubriuse a esmagadora vitoria dos ingleses, que deixaron uns 10 000 cadáveres escoceses.
Secuelas
[editar | editar a fonte]Despois da batalla, o rei Eduardo continuou coa invasión e coa procura de Xoán de Balliol. Inglaterra fíxose co absoluto control de Escocia. En 1297 as esperanzas de Escocia para recuperar o seu reino medraron co guerreiro William Wallace. William conseguiu formar un exército en moi pouco tempo e fixo fronte ao poderoso exército inglés na batalla da ponte de Stirling, que sorprendentemente gañou. Dende ese intre foi recoñecido como Gardián de Escocia. En 1298 o rei, atemorizado, mandou outro exército para vencer a Wallace e consiguiuno. William pasou uns cantos anos no estranxeiro, e ao volver foi capturado polos ingleses e condenado a pena de morte por alta traizón. O corpo de William Wallace foi desmembrado e as súas partes distribuíronse polas cidades máis importantes de Escocia.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alan Young (1997). Robert the Bruce`s rivals: The Comyns 1212-1314. Tuckwell Press Ltd., pp 158.