Batalla de Cannas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Batalla de Cannas foi un triunfo militar cartaxinés acontecido no ano 216 antes de Xesucristo, durante a Segunda Guerra púnica, que enfrontou ó exército cartaxinés comandado por Aníbal, e ó exército romano, comandado polos cónsules Caio Terencio Varrón e Paulo Emilio.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O exército romano era moi superior ó cartaxinés (80.000 romanos contra de 20.000 a 40.000 cartaxineses). Aníbal, coñecedor da súa desvantaxe, apostouse nun outeiro, formando una xigantesca liña convexa, coa súa infantería africana (a mellor parte do seu exército) no centro, e cos mercenarios galos e iberos nos flancos.

Aínda que a infantería cartaxinesa era moi inferior á romana, a súa cabalería era superior, pois contaba con bos xinetes cartaxineses e pola cabalería númida, e Aníbal enviouna para flanquear ó adversario.

A cabalería romana enfrontouse coa cartaxinesa, e resultou perdedora e fuxiu. A cabalería cartaxinesa dispúxose a perseguir á romana en retirada.

Pola súa banda, a infantería cartaxinesa aproveitou a situación. Tanto o vento coma o sol estaban ó seu favor, e os arqueiros romanos non poideron disparar contra eles. A infantería romana tivo que avanzar, topándose cunha férrea defensa cartaxinesa.

Tras un tempo loitando ambos exércitos, volveu a cabalería cartaxinesa de perseguir ó inimigo, a cal cargou contra os romanos polas costas das súas formacións, pillándoos a dous fogos e esnaquizándoos.

Os romanos fuxiron, deixando ó atardecer 50.000 baixas (dos cales 10.000 foron feitos prisioneiros). Este triunfo Roma actuou con cautela, conseguindo tras enormes esforzos a vitoria final sobre Cartago.