Segundo Taliesin o rei anglo Ulph "veu con violencia cara aos seus inimigos" e foi atopado en batalla e asasinado por Urien map Cynfarch, rei de Rheged (probabelmente Cumbria e/ou Galloway), e o seu fillo Owain mab Urien, como se cita en dous poemas distintos. O ataque de Bernicia sería enfrontado por cabaleiros armados con lanzas e xavelinas, que representaban o groso dos guerreiros de Rheged,[1] mentres que o exército de Bernicia consistiría basicamente en infantaría, tal como era o estándar dos guerreiros anglosaxóns dese período.[2]Ulph era probablemente un dos fillos do rei Ida de Bernicia, moi posibelmente Theodulf,[3] que batallou ao redor de 574 ou 590, ou potencialmente Frithuwald, tamén coñecido como Freothulf, que sometería Alclud Ford ao redor de 580.
A batalla ocorreu nun período de supremacía de Rheged, e os exércitos baixo Urien e Owain eran os máis poderosos do norte.