Batalla da Liña Tannenberg
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2025) |
Batalla da Liña Tannenberg | |||
---|---|---|---|
Segunda guerra mundial | |||
![]() | |||
Tipo | batalla ![]() | ||
Resultado | vitoria alemá | ||
Coordenadas | 59°22′32″N 27°51′17″L / 59.37555556, 27.85472222 | ||
Data | |||
Comezo | 25 de xullo | ||
Remate | 10 de agosto de 1944 | ||
Participantes | |||
| |||
Líderes | |||
| |||
Forzas | |||
| |||
Baixas | |||
| |||
Feridos | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A batalla da Liña Tannenberg (alemán: Die Schlacht um die Tannenbergstellung; ruso: Битва за линию «Танненберг») ou batalla dos Montes Azuis (estoniano: Sinimägede lahing) foi un enfrontamento militar entre o Destacamento do Exército Narwa alemán e a Fronte de Leningrado soviética. As dúas unidades loitaron polo estratéxico istmo de Narva dende o 25 de xullo ata o 10 de agosto de 1944. A batalla loitouse na Fronte Oriental durante a Segunda guerra mundial. O obxectivo estratéxico da Operación Estonia Soviética era reocupar Estonia como base favorable para as invasións de Finlandia e Prusia Oriental. As forzas das Waffen-SS incluían 24 batallón de infantería de voluntarios da División Nordland, da División Flamenga, da Divión Nederland e da Lexión de Valonia. Aproximadamente a metade da infantería estaba formada por persoal da 20ª División de Granadeiros Waffen SS (1ª Estonia).[9] A forza alemá de 22 250 homes aguantou a 136 830 soldados soviéticos. Como as forzas soviéticas estiveron constantemente reforzadas, o historiador estoniano Mart Laar estima que as súas baixas foron de 170 000 mortos e feridos.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Tras defender a cabeza de ponte de Narva durante seis meses, as forzas alemás retiráronse ata a Liña Tannenberg nos outeiros de Sinimäed (en ruso: Синие горы) o 26 de xullo de 1944. Os tres outeiros van de leste a oeste. O máis oriental era coñecido polos estonianos como Lastekodumägi (outeiro do Orfanato; Kinderheimhöhe en alemán). O central era o Grenaderimägi (o oouteiro dos Granadeiros; Grenadierhöhe), e o occidental era Tornimägi (o outeiro da Torre; tamén coñecido en alemán como 69,9 ou Liebhöhe, outeiro do Amor). As alturas teñen pendentes pronunciadas e elévanse entre 20 e 50 m sobre o terreo circundante.
As formacións do III SS Corpo Panzer do Gruppenführer Felix Steiner detiveron a súa retirada e pasaron a posicións defensivas nos outeiros. A 4ª Brigada Voluntaria de Granadeiros Panzer Nederland comezou a cavar no flanco esquerdo (norte) da Liña Tannenberg, unidades da 20ª División de Granadeiros Waffen SS (1ª Estonia) cavou no centro, e a 11ª División de Granadeiros Panzer Voluntarios SS Nordland no flanco dereito (sur). Outra sección da fronte ocupada polos prusianos orientais da 11ª División de Infantería estaba situada uns quilómetros máis ao sur, contra o 8.º Exército na cabeza de ponte de Krivasoo.[4]
O mariscal soviético Leonid Govorov consideraba a Liña Tannenberg como a posición clave do Grupo de Exércitos Norte e concentrou as mellores forzas da Fronte de Leningrado.[10] Os 122º e 124º Corpos de Fusileros e divisións do 117º Corpo de Fusileros foron adicionalmente subordinados ao xeneral Ivan Fedyuninsky, ao mando do 2º Exército de Choque.[2] O obxectivo marcado polo Consello de Guerra do 2º Exército de Choque era atravesar a liña de defensa do III SS Corpo Panzer no outeiro do Orfanato, abrirse camiño cara á cidade de Jõhvi, no oeste, e chegar ao río Kunda o 1 de agosto.[3] Para logralo, Govorov recibiu a orde de destruír as comunicacións detrás das forzas alemás e realizar asaltos aéreos contra as estacións ferroviarias de Jõhvi e Tapa o 26 de xullo.[3]
Forzas
[editar | editar a fonte]Soviéticas
[editar | editar a fonte]Non hai unha visión xeral completa da orde das forzas soviéticas nin do tamaño dos destacamentos na batalla de Liña Tannenberg.[4] Para o ataque do 29 de xullo Govorov concentrou todas as unidades soviéticas capaces, formadas por 11 divisións e seis rexementos de carros de combate.[6] As forzas soviéticas que sufriran perdas foron reforzadas con man de obra fresca. A entrega de artillería pesada soviética complementou as nove divisións dos 109º, 117º e 122º Corpos de Fusileros.[4] Os 109º e 117º concentráronse preto de Sinimäed, mentres que o 122º foi enviado á sección sur, preto da igrexa da parroquia de Vaivara. As posicións da 11ª División de Infantería foron atacadas principalmente polo 8º Exército de 35 000 efectivos co seu 112º Corpo de Fusileros, dous rexementos de carros de combate frescos e 1 680 canóns de asalto despregados en nove rexementos de artillería e 150 vehículos blindados.[6] As forzas blindadas incluían os novos carros IS-2 con blindaxe extra e un canón de 122mm. A debilidade do vehículo era a súa limitada capacidade de munición (só 28 proxectís) e un tempo longo de recarga para o seu canón principal. As forzas estaba apoiadas polo 13º Exército Aéreo con 576 efectivos.[6] A orde de batalla soviética era (datos dispoñibles a partir do 28 de xullo de 1944):[4]

Fronte de Leningrado - mariscal Leonid Govorov
- 2º Exército de Choque - tenente xeneral Ivan Fedyuninsky
- 109º Corpo de Fusileiros - maior xeneral Iván Alferov
- 72ª División de Fusileiros - Ilya Yastrebov
- 109ª División de Fusileiros - maior xeneral Nikolai Truzhkin
- 125ª División de Fusileiros - coronel Vasily Zinoviev
- 122º Corpo de Fusileiros 124º Corpo de Fusileiros - coronel Mijaíl Papchenko
- 131ª División de Fusileiros - maior xeneral Piotr Romanenko
- 191ª División de Fusileiros - maior xeneral Iván Burakovski
- 21ª Brigada de Enxeñeiros - tenente coronel Vasilkov
- 109º Corpo de Fusileiros - maior xeneral Iván Alferov
Total: 26 850 soldados, 458 pezas de artillería e 112 carros de combate
- 8º Exército - tenente xeneral Filipp Starikov
- 2ª División de Fusileiros "Masuria"
- 377ª División de Fusileros
- 112º Corpo de Fusileiros - maior xeneral Filipp Solovev
- 48ª División de Fusileros - coronel Yakov Koževnikov
- 117º Corpo de Fusileiros - maior xeneral Vasili Trubachev
- 120ª División de Fusileros - maior xeneral Alexandr Batluk
- 201ª División de Fusileros - maior xeneral Vyacheslav Yakutovich
- 256ª División de Fusileros - maior xeneral Anatoli Koziyev
Total: 28 000 soldados, 518 pezas de artillería, 174 carros de combate e 44 canóns autopropulsados
Corpos e Divisións separadas (posiblemente subordinadas a algún dos exércitos anteriormente mencionados):[4]
- 8º Corpo de Fusileros de Estonia - tenente xeneral Lembit Pärn
- 11ª División de Fusileros
- 43ª División de Fusileros
- 98ª División de Fusileros
- 123ª División de Fusileros
Alemás
[editar | editar a fonte]Contra as forzas soviéticas un poucos rexementos de alemáns cansos sen ningunhas tropas de reserva mantivéronse nas súas posicións, golpeadas pola artillería soviética. O comandante do Destacamento do Exército Narwa, o xeneral de infantería Anton Grasser, valorou a capacidade alemá como insuficiente contra o ataque soviético. Aínda que tiñan suficiente munición e metralladoras, a moral de combate dos voluntarios xermánicos estaba sometida a unha forte presión mentres que o espírito dalgunhas tropas estonianas xa fora gravemente danado, en opinión de Grasser.[6] Porén, os combates que seguiron demostraron o contrario.[6] O pequeno número de bombardeiros en picado Junkers Ju 87 e a escaseza de combustible de aviación deron aos soviéticos unha enorme superioridade aérea.[6] A conclusión de Grasser foi curta:[6]
O Destacamento do Exército subliña que a situación é extremadamente intensa e a gran diferenza entre as nosas e as forzas inimigas esixe a maior atención do Alto Mando.
Deixando a un lado a formulación diplomática, Grasser anunciou que se reforzos inmediatos os soviéticos inevitablemente atravesarían a Liña Tannenberg o 29 de xuño.[6] Eses reforzos estaban máis aló das posibilidades do Grupo de Exércitos Norte. O comandante do Grupo de Exércitos, Ferdinand Schörner, chamara repetidamente a atención de Adolf Hitler sobre o feito de que practicamente non quedaba ningunha división formada por alemáns na Liña Tannenberg, que ameazaba con colapsar. Estas chamadas non tiveron efecto, xa que a resposta de Hitler era quedar en pé ou morrer.[6] A orde de batalla alemá (a partir do 28 de xullo de 1944) era:[4]

Destacamento do Exército Narwa - xeneral de infantería Anton Grasser
- III SS Corpo Panzer (Xermánico) - SS-Gruppenführer Felix Steiner
- División SS Nordland - SS-Brigadeführer Joachim Ziegler
- Rexemento SS de Granadeiros Panzer 23 Norge - SS-Obersturmbannführer Fritz Knöchlein
- Rexemento SS de Granadeiros Panzer 24 Danmark
- 20ª División de Granadeiros Waffen SS (1ª Estonia) - SS-Brigadeführer Franz Augsberger
- Rexemento 45 de Granadeiros Waffen - Waffen-Obersturmbannführer Harald Riipalu
- Rexemento 46 de Granadeiros Waffen
- Rexemento 47 de Granadeiros Waffen
- Rexemento de Artillería
- 4ª Brigada Voluntaria SS de Granadeiros Panzer Nederland - SS-Brigadeführer Jürgen Wagner
- 4º Rexemento SS de Granadeiros Panzer De Ruyter
- 5ª Brigada de Asalto Voluntaria SS Wallonien - SS-Sturmbannführer Léon Degrelle
- 6ª Brigada de Asalto Voluntaria SS Langemarck - SS-Sturmbannführer Conrad Schellong
- 227ª División de Infantería - Generalmajor der Reserve Maximilian Wengler
- 113º Rexemento de Securidade
- División SS Nordland - SS-Brigadeführer Joachim Ziegler
- XXVI Corpo do Exército - xeneral de infantería Anton Grasser
- 11ª División de Infantería - Generalleutnant Hellmuth Reymann
- 300ª División de Propósitos Especiais - Generalmajor Rudolf Höfer
Destacamentos separados:
- Catro batallóns da Policía Auxiliar de Estonia
- Sector oriental, defensa costeira - Generalleutnant Alfons Luczny
- Dous rexementos de defensa fronteiriza de Estonia
- 513º Batallón de Artillería Naval
- 502º Batallón Panzer Pesado
- 752º Batallón Anticarro
Total: 22 250 efectivos[1] despregados en 25 batallóns de Estonia e 24 alemáns, neerlandeses, daneses, flamengos, italianos, noruegueses e valóns.[4]
Combate
[editar | editar a fonte]A artillería soviética comezou a bombardear as Montañas Azuis o 25 de xullo de 1944. O primeiro ataque ás Montañas Azuis comezou o 26 de xullo, cando as forzas soviéticas alcanzaron ás tropas alemás en retirada, e os principais ataques continuaron ata o 12 de agosto.
Outeiro do Orfanato
[editar | editar a fonte]26 de xullo
[editar | editar a fonte]O 26 de xullo, perseguindo aos alemáns que se retiraban, o ataque soviético caeu sobre a Liña Tannenberg antes de que o Destacamento do Exército Narwa, moi superado en número, se atrincherase. A Forza Aérea Soviética e a artillería cubriron as posicións alemás con bombas e proxectís, destruíndo a maior parte do bosque nos outeiros.[4][6] As 201ª e 256ª Divisións de Fusileros soviéticas apoiadas polo 98º Rexemento de Tanques atacaron as posicións da División SS Nordland, apoderándose do lado leste do outeiro do Orfanato.[10]
27 de xullo
[editar | editar a fonte]Na mañá do 27 de xullo as forzas soviéticas iniciaron outro poderoso bombardeo de artillería sobre os outeiros. Anticipando un ataque de infantería, Steiner concentrou os poucos vehículos blindados que aínda funcionaban, que eran sete carros de combate.[2] Unidades da División Nordland foron situados entre os dous outeiros e a defensa completouse coa Compañía Anticarro, 1ª Estonia, detrás da Nordland.[6]
Baixo a presión soviética, a defensa alemá ameazou con colapsar. O 27 de xullo Schörner chegou a Sinimäed e ordenou a reconqiuista inmediata do outeiro do Orfanato, demandando unha resistencia fanática aos soldados.[6] Unha reunión convocada por von Scholz estableceu as tácticas para a aplicación das ordes. Porén, xusto despois da reunión, von Scholz morreu por un anaco de de metralla diante do cuartel xeral.[6]
28 de xullo
[editar | editar a fonte]Para o día seguinte o 2º Exército de Choque reforzouse cos 31º e 82º Rexementos de Carros de Combate, tres brigadas de obuses e nove rexementos de artillería pesada.
Na tarde do 28 de xullo as forzas alemás tentaron recuperar novamente o outeiro do Orfanato. Usando a táctica de "rolar" pequenas unidades cara as posicións soviéticas, as tropas apoderáronse das trincheiras na ladeira da elevación. Cando chegou un escuadrón de carros soviético o ataque alemán colapsou.[6] Nun punto ocupado pola 11ª División de Infantería preto da vila de Sirgala no sur, os carros de combate soviéticos buscaron abrirse paso. Steiner ordenou a retirada a unha nova liña defensiva no oouteiro dos Granadeiros. A orde non chegou a unha parte significativa das tropas alemás, que permaneceron nas súas posicións no outeiro do Orfanato. Anticipando un gran ataque, Steiner ordenou que as armas pesadas dos Rexementos SS de Granadeiros Panzer Norge e Danmark fosen reunidas en dúas unidades de choque. Na noite do 28 de xullo a batalla amainou.[6]
Outeiro dos Granadeiros
[editar | editar a fonte]Fogo de prepapación
[editar | editar a fonte]A mañá do 29 de xullo comezou con fogo de preparación de artillería no que os soviéticos dispararon 25 000 proxectís.[4] O bombardeo cubriu a Liña Tannenberg cunha nube de po. O bosque nos outeiros Sinimäed que dou totalmente esnaquizado, coas árbores cortadas ata unha altura de 2-3 metros. Aínda que tiveron un gran efecto psicolóxico, os foguetes Katyushas, tamén coñecidos como os "órganos de Stalin", foron imprecisos, causando pouco dano nas tropas alemás ben atrincheradas. Os 70-80 lanzadores de foguetes alemáns Nebelwerfer responderon. A isto seguiron os bombardeiros soviéticos que intentaron atacar ás últimas tropas alemás, que se agachaban nas súas trincheiras. Vestidos con uniformes de camuflaxe, permaneceron sen ser vistos polos pilotos soviéticos.[6]
Avanzadas soviéticas no outeiro
[editar | editar a fonte]O ataque de 6 000 infantes soviéticos[1] comezou ás 09:00, apoiados por un rexemento dun 100 carros de combate (a maioría deles IS-2 pesados). Os carros usaron os seus canóns de 122 mm para disparar directamente aos puntos fortes que mostraban sinais de vida e destruíndo os búnkers restantes.[1][11] Os restos da vangarda alemá foron destruídos. O pelotón comandado polo tenente Lapshin conseguiu chegar ao cumio do oouteiro dos Granadeiros. Especial coraxe mostrou o sargento Efendiyev, que destruíu un punto forte alemán no outeiro. O organizador do Komsomol, V.I. Lavreshin do 937º Rexemento de Fusileros, que marchaba por diante das súas tropas cunha bandeira vermella nas mans, ericiuna no cumio.[1]
Ataque das forzas principais soviéticas
[editar | editar a fonte]O principio do ataque soviético en Sinimäed foi un choque frontal abafador, con só algúns dos atacantes presumindo de acadar o obxectivo.[6] Co fogo de artillería evitando que se enviasen reforzos dende a retagarda alemá, o 8º Exército soviético atacou e abiu unha cuña no flanco norte da 11ª División de Infantería. O principal obxectivo táctico dos soviéticos, o oouteiro dos Granadeiros, sería asaltado polos 6 000 soldados do 109º Corpo de Fusileros. A 109ª División de Fusileiros atacou á Brigada Nederland, que estaba cubrindo o oiteiro dende o norte.[4] A 120ª Divisi¡on de Fusileiros atacou o outeiro dende o leste. A 72ª División de Fusileiros asaltou o II Batallón, 3º Rexemento Estoniano, que estaba defendendo o flanco norte. O 117º Corpo de Fusileros estaba preparado para romper a última das defensas alemás.[6] O outeiro do Orfanato caeu ante en mans dos soviéticos co 191º Rexemento de Fusileros á fronte do ataque. Esta unidade sufriu grandes perdas polo fogo dos últimos defensores que ben ou morreron ou ben víronse forzados a retirarse ao outeiro do Granadero. Coa toma do outeiro do Orfanato, as 201ª e 256ª Divisións de Fusileiros soviéticas quedaron esgotadas, polo que a 109ª División de Fusileiros continuou presionando cara o do Granadeiro soa. Os defensores estaban comandados por Josef Bachmeier, o líder do II Batallón Norge. O 1º e 2º Batallón, 3º Estoniano subordinados a Bachmeier tiñan de 20 a 30 homes cada un. Para a defensa do oouteiro dos Granadeiros cada estoniano dispoñible foi enviado ao combate, incluído o persoal de comunicacións.[6] O posto central de mando resultou destruído polo fogo soviético mentres os alemáns, flamengos, noruegueses e estonianos escaparon da destrución refuxiándose nos seus búnkeres. Tras eles no cumio do Granadeiro estaba Nederland. As brechas creadas na infantería de ataque e na liña de carros de combate pola artillería alemá non detiveron o avance soviético.[6]
Os carros de combate soviéticos asediaron o oouteiro dos Granadeiros e o rodearon constantemente, mentres disparaban contra os defensores. Con todo, non puideron capturar o cumio debido ás grandes baixas causadas polos canóns antitanque e os canóns antiaéreos que os alemáns apuntaron cara a ladeira. Outros carros soviéticos chegaron ao outeiro máis occidental, o da Torre. Os defensores dos seus búnkers, que estaban mal fortificados dende o norte e os flancos, foron destruídos. Entre os comandantes dos carros soviéticos, o starshyna S.F. Smirnov destruíu cinco puntos fortes alemáns.[1] Un dos carros de combate chegou ao centro comunitario do concello de Vaivara, facendo un burato nunha parede. Este foi o punto máis occidental ao que chegaron as forzas armadas soviéticas no nordeste de Estonia ata finais de setembro de 1944.[6]
Ao mediodía do 29 de xullo as forzas soviéticas case tomaran o control da Liña Tannenberg. As unidades alemás contraatacaron contra os soviéticos que asediaban o outeiro da Torre; unhas aseguraron a estrada Narva-Talín no oeste e outras contraatacaron entre o oouteiro dos Granadeiros e a vía de ferrocarril a uns pouco quilómetros ao sur.[6] Tras o contraataque só un só un carro de combate Panther alemán quedou ileso.[6]
Captura alemá do oouteiro dos Granadeiros
[editar | editar a fonte]Despois do contraataque alemán a situación táctica na Liña Tannenberg non estaba clara. Os restos do 2º Batallon Norge no oouteiro dos Granadeiros asaltou aos soviéticos. Estes últimos sufriron fortes perdas pero reagrupáronse e cortaron o paso aos noruegueses na cara leste do outeiro.[1] Na terraza occidental do outeiro do Granadero, o Kampfgruppe Bachmeier e o 3º Batallón, 3º Estoniano seguían resistindo. Os soviéticos comezaron a buscar documentos e prisioneiros nos búnkeres.[1] Steiner ordenou un asalto aéreo usando bombardeiros en picado dende o aeroporto de Talín. Os soviéticos previran o ataque e trasladaran as súas unidades antiaéreas autopropulsadas ao outeiro do Orfanato. Abatiron varios bombardeiros alemáns e despois dirixiron o seu lume contra a infantería alemá.[11]
Steiner contaba cun batallón máis, o 1º Batallón, o Rexemento de Granaderos Waffen 45 Estland (1º Estonioano), que fora salvado dos anteriores contraataques debido á escaseza de homes sanos. O Sturmbannführer Paul Maitla solicitou reforzos aos homes do hospital de campaña. Vinte homes menos feridos responderon, uníndose aos restos das outras unidades destruídas, incluída unha unidade da Kriegsmarine, e apoiados polo único tanque Panther que quedaba.[6] O contraataque comezou desde o cemiterio parroquial ao sur do outeiro da Torre, co flanco esquerdo do asalto despexando o outeiro dos soviéticos. O ataque continuou cara ao cumio baixo un forte ataque de artillería e bombardeo soviético, entrando en combate corpo a corpo nas posicións soviéticas. As pequenas unidades de granaderos alemáns foron trasladadas ás trincheiras. Ao quedar sen munición, as tropas alemás utilizaron granadas soviéticas e armas automáticas tomadas dos caídos.[6] Segundo algúns veteranos, parecía que os bombardeiros soviéticos, voando a baixa altura, intentaban alcanzar a cada soldado alemán que saltaban entre cráteres, quedando de cando en vez enterrados polas explosións de proxectís soviéticos. Os soviéticos víronse obrigados a retirarse do oouteiro dos Granadeiros.[4][10]
Intento soviético de recuperar o oouteiro dos Granadeiros
[editar | editar a fonte]Na tarde do 29 de xullo as forzas soviéticas fixeron oito intentos de recuperar o control do oouteiro dos Granadeiros. As últimas reservas alemás foron enviadas á batalla, incluídas tropas de subministración. Os dous asaltos do pelotón improvisado de Maitla no outeiro do Orfanato obrigaron aos soviéticos a absterse de máis ataques e déronlles tempo aos alemáns para reagruparse.[12][13]
Reticente a admitir a catástrofe no seu informe ao Alto Mando Soviético o 30 de xullo, o comisario político do 2º Exército soviético prometeu falsamente que o oouteiro dos Granadeiros aínda estaba en posesión do 109º Corpo de Fusileros. Como xustificación do fracaso á hora de romper as defensas alemás, o inforte citaba a débil colaboración entre a artillería e a infantería. O informe tamén mencionaba a acción pobremente coordinada da unidades blindadas, que se dirixiron aos campo de minas que non foron despexados polas unidades de zapadores. O comisario presentou serias acusacións contra os comandantes das unidades e afirmou no seu informe que estaban moi bébedos mentres intentaban comandar os ataques.[6][14]
30-31 de xullo
[editar | editar a fonte]O 30 de xullo a batalla continuou de xeito semellante. A artillería soviética aumentou a intensidade do seu fogo disparando 30 000 proxectís,[2] respondendo a artillería alemá con 10 000 disparos. O posterior ataque dos carros pesados soviéticos rompeu as defensas do 2º Batallón De Ruyter, formado por 35-45 homes capaces correndo entre as súas metralladoras pesadas.[6] Simultaneamente, os pelotóns soviéticos estaban a subir o oouteiro dos Granadeiros baixo un intenso bombardeo alemán. Finalmente, o ataque foi repelido por granadas de man alemás. Os soviéticos atacaron o Batallón II do 3º Regimento Estoniano, que, en combate corpo a corpo, destruíu 12 tanques e repeliu este último asalto.[6][15] Unidades do 8º Exército soviético avanzaron nos bosques da sección sur da fronte.
O 31 de xullo o mando soviético cambiou a dirección do seu fogo preparatorio de artillería, desta vez apuntándoo tras o outeiro e illando os defensores alemáns do grupo principal do exército. O descenso gradual do número de proxectís disparado pola artillería soviética (9 000 o 30 de xullo) foi unha proba do debilitamento dos ataques soviéticos.[6] A infantería soviética comezou a subir o oouteiro dos Granadeiros. As unidades estonianas ás que se enfrontaban quedaron sen munición.[6] Os restos do Batallón I do 3º Regimento Estoniano resistiron os ataques soviéticos no flanco sur.[16]
Naquela ocasión, o comisario político do 2.º Exército de Choque admitiu o fracaso á hora de romper a defensa. Explicouno afirmando que o fogo de artillería se estaba a atrasar.[6] O informe presentaba a falsa afirmación de que os alemáns capturaran o oouteiro dos Granadeiros o 30 de xullo.[4]
Reforzos soviéticos en agosto
[editar | editar a fonte]Ao recibir a orde de Stalin de abrirse paso ata Talín a toda costa, Govorov encargou a Fedyuninsky chegar a Rakvere o 7 de agosto como moi tarde.[10] Durante os primeiros días de agosto o 2º Exército de Choque recibiu os 110º e 124º Corpos de Fusileiros como reforzos, aumentando o número de efectivos novamente por riba dos 20 000.[4] O 8.º Exército recibiu adicións semellantes ás súas forzas, e os Corpos 112º e 117º recibiron a orde de unirse aos ataques. As forzas de carros de combate soviéticos tamén foron restauradas, con 104 vehículos blindados ao seu mando. No segmento da fronte de nove quilómetros de longo, recolléronse 1 913 canóns de asalto, o que supoñía 300 canóns por quilómetro. 365 pezas de artillería pesada foron apuntadas ao oouteiro dos Granadeiros e 200 á aldea de Sirgala no segmento sur. Como cantidade diaria, subministráronlle á artillería 200 000 proxectís. O 1 de agosto non tivo lugar ningún combate, xa que ambas as partes reorganizaron as súas forzas. A Fronte de Leningrado intentou desprazar o centro das forzas cara ao sur.
Condición alemá en agosto
[editar | editar a fonte]O Destacamento do Exército Narwa substituíu as súas unidades polos destacamentos menos danados nos primeiros días de agosto. A pesar de inflixir inmensas baixas aos soviéticos, as unidades das Waffen-SS foron desgastándose lentamente. A Brigada Nederland quedara reducida ao tamaño dun rexemento, mentres que cada un dos dous rexementos da Langemarck Sturmbrigade tiñan a forza dunha compañía reforzada.[6] O 2º Rexemento Estoniano estaba practicamente perdido e a División Nordland era unha sombra do que fora. Por sorte para os alemáns, a intelixencia soviética sobrestimou gravemente a forza dos defensores en máis de 60 tanques e 800 pezas de artillería, cando en realidade só quedaba un tanque e entre 70 e 80 canóns na Liña de Tannenberg.[6]
Final
[editar | editar a fonte]O 2 de agosto, o 2º Exército de Choque xa se redespregara e atacara, usando as mesmas tácticas que anteriormente. Os homes da Nederland que sobreviviron ao bombardeo de artillería retiráronse polas ladeiras do oouteiro dos Granadeiros perseguidos polas unidades soviéticas. Nas memorias de Steiner, a intensidade do fogo e a natureza dos combates lembráronlle a batalla de Verdún.[17] Cando rematou o bombardeo de artillería, o fresco Batallón II do 2º Rexemento Estoniano respondeu ao fogo inflixindo graves baixas aos soviéticos asaltantes e contraatacou, recuperando o outeiro dos Granadeiros.[18] Os carros de combate soviéticos abriron paso na sección sueste da fronte.[4][6]
O 3 de agosto os soviéticos fixeron un intento máis forte, cun fogo de artillería preparatorio de 25 000 a 30 000 proxectís que alcanzou o nivel do ataque do 29 de xullo. O bombardeo causou fortes perdas, e unha parte dos defensores tamén deixaron as súas posicións. Once divisións de fusileiros soviéticas e catro rexementos de tanques intentaron estender o seu ataque ao longo da fronte. Porén, o peso principal do inminente ataque volveu estar no outeiro dos Granadeiros. A artillería alemá decatouse da concentración das forzas soviéticas e atacou cos seus foguetes, inflixindo numerosas baixas na infantería e nos carros soviéticos antes de que iniciasen o ataque. Como o fogo de artillería alemán non afectou á superioridade soviética en efectivos, o ataque soviético comezou segundo o previsto. O 110º Corpo de Fusileros que asaltaba o outeiro dos Granadeiros atopouse no medio do fogo cruzado dos restos do Batallón I do 2º Rexemento Estoniano.[6] Cando os comandantes do corpo de fusileros informaron erroneamente ao cuartel xeral do exército sobre a captura do outeiro dos Granadeiros, o fogo de artillería cesou. Os estonianos contraatacaron e despexaron o outeiro.[18][6]
De xeito semellante, os soviéticos realizaron dous ataques máis o 3 de agosto. Cada un deles comezou cunha enorme barreira de artillería e rematou cun contraataque alemán, restaurando as posicións anteriores.[6][19] En total, o 3 de agosto, vinte carros de combate soviéticos foron destruídos. Os ataques soviéticos do 4 ao 6 de agosto foron máis febles; o 4 de agosto, once carros foron destruídos e o 5 de agosto sete máis. Durante a noite anterior ao 6 de agosto, resultaron destruídos seis carros de combate.[4] O 10 de agosto o consello de guerra da Fronte de Leningrado ordenou o cesamento da ofensiva e pasar estritamente á defensa. Os soviéticos reduciron as súas operacións a actividades de patrulla con ataques ocasionais. Os defensores aproveitaron este respiro para rotar varias unidades esgotadas fóra da liña durante uns días para descansar e reacondicionarse, e para fortalecer as súas posicións. Ata mediados de setembro, a fronte permaneceu tranquila.[4]
Baixas
[editar | editar a fonte]Na época da Unión Soviética as perdas da batalla da Liña de Tannenberg non foron mencionadas en fontes soviéticas.[20] En anos máis recentes, autores rusos publicaron algúns datos[21][22] pero non de todo o curso da batalla.[6] O número de perdas soviéticas pode só estimarse vendo outros datos. No ataque do 29 de xullo sobreviviron 225 homes do 109º Corpo de Fusileiros que levou o peso do asalto. Da 120ª División de Fusileiros perdéronse 1 808 homes; mortos ou feridos.[3] O resto dos corpos de fusileiros soviéticos perderon a súa capacidade para realizar máis ataques.[11] No mesmo ataque as forzas alemás perderon 600 homes.[8] O cuarel xeral do 2º Exército de Choque informou de 259 efectivo listos para o combate dentro da 109ª División de Fusileros e un esgotamento total do exército a noite anterior ao 1 de agosto, o que probablemente significaba uns poucos miles de soldados aptos para o combate dos 46 385 homes que iniciaran a Operación Estoniana o 25 de xullo. As perdas do 8º Exército foron semellantes a esas cifras.[8]
Na tarde do 29 de xullo o Destacamento do Exército Narwa levaba contados 113-120 carros soviéticos destruídos, case a metade deles nos combates dese mesmo día.[23] O 2º Exército de Choque informou da destrución de cincuenta dos seus carros o 29 de xullo.[23] O bando alemán contou outros 44 carros soviéticos destruídos entre o 3 e o 6 de agosto.[24]
O autor ruso Grigoriy F. Krivosheev, no seu relato "Baixas e perdas en combate soviéticas no século XX", enumera 665 827 baixas sufridas pola Fronte de Leningrado en 1944, 145 102 delas mortos, desaparecidos en combate ou capturados.[7] O historiador estoniano Mart Laar, deducindo as perdas na ofensiva de Leningrado-Nóvgorod, a batalla da cabeza de ponte de Narva e os combates en Finlandia, estima o número de baixas soviéticas na batalla da Liña de Tannenberg en 35 000 mortos ou desaparecidos e 135 000 feridos ou enfermos.[6]
Segundo as cifras de TsAMO f.217, op.1244, d.643 (Cuartel Xeral da Fronte de Leningrado, "Informes resumidos sobre as perdas presentadas ao Estado Maior"), as perdas da Fronte de Leningrado en agosto de 1944 foron de 1 702 mortos, 6 538 feridos en combate e 196 desaparecidos. E en setembro foron de 2 366 mortos, 8 405 feridos en combate e 105 desaparecidos.[25]
O Grupo de Exércitos Norte alemán enterrou 1 709 homes en Estonia entre o 24 de xullo e o 10 de agosto de 1944.[8] Sumados aos homes desaparecidos en combate, o número de baixas irrecuperables nese período é de aproximadamente 2 500. Contando a proporción estándar de 1:4 de baixas irrecuperables por ferido, o número total de baixas alemás na batalla da liña de Tannenberg é de aproximadamente 10 000 homes.[8]
Consecuencias
[editar | editar a fonte]O 14 de setembro as Frontes Bálticas 1ª, 2ª e 3ª soviéticas lanzaron a ofensiva de Riga. O seu obxectivo era capturar Riga e illar o Grupo de Exércitos Norte en Curlandia, no oeste de Letonia. Tras moitas discusións, Adolf Hitler finalmente accedeu a permitir a evacuación de todas as tropas en Estonia. Tras meses de manter a liña, os homes exhaustos do III Corpo Panzer das SS uníronse á retirada, loitando no seu regreso da Liña Tannenberg. O 17 de setembro, a 3ª Fronte Báltica lanzou a ofensiva de Talín desde a fronte do río Emajõgi, unindo o lago Peipus co lago Võrtsjärv. A operación tiña como obxectivo rodear o Destacamento do Exército Narwa. Incapaces de conter a forza, as unidades alemás retiráronse cara ao noroeste, mentres que o II Corpo do Exército, incompleto, quedou para deter o ataque soviético. As forzas alemás retiráronse rapidamente cara a fronteira con Letonia. O 22 de setembro Talín foi abandonada. Algunhas das formacións estonianas comezaron a atacar aos alemáns en retirada, intentando asegurar subministracións e armas para continuar unha guerra de guerrillas como os Irmáns do Bosque contra a ocupación soviética.[4] Varias tropas da División Estoniana permaneceron en Estonia. Estas unidades continuaron loitando, e algúns superviventes uníronse aos grupos guerrilleiros que loitaron contra as forzas de ocupación soviéticas ata finais da década de 1970.[26]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Newton, Steven H. (1995). Retreat from Leningrad, Army Group North, 1944/1945. Atglen, PA: Schiffer Military History. ISBN 978-0-88740-806-9.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mart Laar (2006). Sinimäed 1944: II maailmasõja lahingud Kirde-Eestis. Tallinn: Varrak. p. 261
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 F.I.Paulman (1980). "Nachalo osvoboždenija Sovetskoj Estonij". Ot Narvy do Syrve. Tallinn: Eesti Raamat. pp. 7-119
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 4,18 Toomas Hiio (2006). "Combat in Estonia in 1944". In Toomas Hiio; Meelis Maripuu; Indrek Paavle (eds.). Estonia 1940–1945: Reports of the Estonian International Commission for the Investigation of Crimes Against Humanity. Tallinn. pp. 1035-1094
- ↑ G.F.Krivosheev (1997). Soviet casualties and combat losses in the twentieth century. Londres: Greenhill Book
- ↑ 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 6,16 6,17 6,18 6,19 6,20 6,21 6,22 6,23 6,24 6,25 6,26 6,27 6,28 6,29 6,30 6,31 6,32 6,33 6,34 6,35 6,36 6,37 6,38 6,39 6,40 Mart Laar (2006). Sinimäed 1944: II maailmasõja lahingud Kirde-Eestis. Tallinn: Varrak
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Vastaspoolte inimkaotustest Narva rindel 1944. aasta 24. juulist kuni 7. augustini (Narva ja Sinimägede lahingud)". Rahvusarhiiv (en estoniano). 2017-03-22. Consultado o 2025-04-07.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 Mart Laar (2006). Sinimäed 1944: II maailmasõja lahingud Kirde-Eestis. Tallinn: Varrak. p. 326 Erro na cita: Etiqueta
<ref>
non válida; o nome ":7" está definido varias veces con contidos diferentes - ↑ Mole, Richard C. M. (2012). The Baltic states from the Soviet Union to the European Union. BASEES/RoutledgeCurzon series on Russian and East European studies. London: Routledge. p. 48. ISBN 978-0-415-39497-0.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Laar, Mart (2005). Estonia in World War II. Tallinn: Grenader
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Denton, Mansal (2010). Battle for Narva, 1944. Andelfingen, Switzerland: History Facts. pp. 105–140. ISBN 978-3-905944-01-3.
- ↑ Mart Laar (2006). Sinimäed 1944: II maailmasõja lahingud Kirde-Eestis. Talín: Varrak. p. 294
- ↑ A.Aasmaa (1999). Tagasivaateid. In: Mart Tamberg (Comp.). Eesti mehed sõjatules, p.329. EVTÜ, Saku
- ↑ Informe político nº 023363 do Xefe do Departamento Político do 2º Exército de Choque o 30 de xullo de 1944. Arquivo Estatal de Estonia, Fondo 32, Catálogo 12, Expediente 7, pp. 98-101
- ↑ J.Uudevald (2000). Vallutasime Grenaderimäe. Võitluse Teedel Nr. 3
- ↑ E.Saumets (1952). "Sinimäed - kangelaste surmamäed". Vol. 3. Kodukolle
- ↑ Haupt, Werner (1997). Army Group North: the Wehrmacht in Russia, 1941-1945. Schiffer military history. Atglen, PA: Schiffer Pub. p. 244. ISBN 978-0-7643-0182-7.
- ↑ 18,0 18,1 Karl Sulger (2002). "Sõjakäik pealuu märgi all" . Võitluse Teedel (1): 3–6
- ↑ Robert Helde (2004). Palavad päevad Sinimägedes. Võitluse Teedel Nr.1
- ↑ Mart Laar (2006). Sinimäed 1944: II maailmasõja lahingud Kirde-Eestis. Talín: Varrak. p. 325
- ↑ В.Бешанов (2004). Десять сталинских ударов. Харвест, Minsk. p. 607
- ↑ V. Rodin (5 de outubro de 2005). "Na vysotah Sinimyae: kak eto bylo na samom dele". Vesti
- ↑ 23,0 23,1 Mart Laar (2006). Sinimäed 1944: II maailmasõja lahingud Kirde-Eestis. Talín: Varrak. p.296
- ↑ Mart Laar (2006). Sinimäed 1944: II maailmasõja lahingud Kirde-Eestis. Talín: Varrak. p. 304-327
- ↑ TsAMO f.217, op.1244, d.643
- ↑ Laar, M. (1992). War in the woods: Estonia's struggle for survival, 1944-1956. Washington, D.C: Compass Press. ISBN 978-0-929590-08-0.