Basílides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBasílides
Biografía
Nacementoséculo II Editar o valor em Wikidata
Alexandría Editar o valor em Wikidata
Morteséculo II Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , mestre Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: década de 110 Editar o valor em Wikidata)
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Basílides foi un teólogo gnóstico de Alexandría do século II. As súas teorías coñécense a través de santo Ireneo (Adversus haereses) e santo Hipólito.

Basílides tivo numerosos discípulos, tanto en Exipto como na Europa meridional. Distinguiuse polo uso de expresións misteriosas e amuletos, como Abraxas. Os seus seguidores, os basilidianos, dirixidos polo seu fillo Isidoro, formaron unha seita gnóstica, a cal desapareceu no século IV.

Cosmogonía[editar | editar a fonte]

Basílides opuña o caos ou materia confusa, a que xeraba o mal, a un principio divino inaccesible e sostiña que o Fillo que enviara o Pai só morrera en aparencia e carecía de corpo humano.

Segundo Ireneo de Lión, Basílides ensinaba que do Deus supremo xurdiran 365 ceos, un dos cales -o noso- oculta un mundo "sublunar" e está gobernado por un demiúrgo subalterno: o Yahvé dos xudeus.

Segundo Hipólito de Roma, Basílides fai derivar toda existencia dunha divindade suprema inconcibible, da que se enxendran, en sucesivos despregues, numerosos estratos, o último dos cales é o noso mundo, gobernado polo deus dos xudeus. Concibe unha redención totalmente intelectual, consistente na súbita revelación (gnose) da existencia de Deus, ao que descoñecemos polo orgullo inconsciente (isto comportaría unha grande ignorancia, que cubriría o universo e a cada ser humano, e non permitiría coñecer outros mundos superiores a este, e só quedarían os desexos de elevarse por riba de tal condición).

A moral de Basílides era austera, e aconsellaba absterse do matrimonio.