Basarab I de Valaquia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1271 |
| Morte | 1352 Câmpulung |
| Príncipe da Valáquia (pt) | |
| 1330 – 1352 ← sen valor – Nicolau Alexandre da Valáquia (pt) | |
| Monarca | |
| | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Valaquia |
| Carreira militar | |
| Rango militar | voivoda |
| Familia | |
| Familia | Dinastia Bassarabe (pt) |
| Cónxuxe | Lady Margareta |
| Fillos | Nicolau Alexandre da Valáquia, Teodora da Valáquia |
| Pai | Thocomerius |
Basarab I foi dono do principado de Valaquia dende, quizais, 1310, até 1352. É chamado ás veces "Întemeietorul" ("O Fundador"), debido ao seu papel na creación do estado, xunto coa súa posición de antecedente común dos donos da dinastía Basarab.
Historia
[editar | editar a fonte]O seu nome é probablemente de orixe cumana, significando "O Rei Pai", derivado de "basear" - "reinar" e "aba" - "pai". No século XIX, Petriceicu Haşdeu propuxo unha variante autóctona, provindo de "ban" significando "dono", e da palabra dácica "saraba", significando "cabeza" (aínda presente nalgunhas rexións romanesas coa forma "sarâmb"), mais esta etimoloxía é en xeral negada polos especialistas.
O pai de Basarab, Thocomerius (cuxo nome foi considerado de orixe eslava, e agora cumana), foi probablemente o primeiro voivoda en gobernar a Valaquia enteira. Basarab chegou a ser vasalo do Reino de Hungría, mais entre 1324-1325, comezou a súa loita en contra do rei húngaro. Nun documento húngaro de Carlos I (do 26 de xullo de 1324) Basarab é chamado "o noso voivoda transalpino"",[1] e, soamente un ano despois, nun diploma do 18 de xullo de 1325, é chamado "Basarab transalpino, non leal á coroa santa do rei".[2]
En 1330 Basarab derrotou ao rei húngaro Carlos I na Batalla de Posada, gañando desta maneira a independencia de Valaquia. Unha das crónicas máis importantes deste evento é o "Chronicon Pictum".
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vasary, Istvan, Cumans and Tatars, Cambridge University Press, 2005
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Basarab I de Valaquia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Iarăşi despre Negru Vodă şi "Descălecătoare", Magazin Istoric, 8/2000.