Basarab I de Valaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Basarab»)
Basarab I de Valaquia
Nacemento1271 e anos 1280xuliano
Falecemento1352
Lugar de falecementoCâmpulung
NacionalidadeWallachia
OcupaciónRege
PaiThocomerius
FillosTeodora da Valáquia e Nicolau Alexandre da Valáquia
editar datos en Wikidata ]

Basarab I foi dono do principado de Valaquia dende, quizais, 1310, até 1352. É chamado ás veces "Întemeietorul" ("O Fundador"), debido ao seu papel na creación do estado, xunto coa súa posición de antecedente común dos donos da dinastía Basarab.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu nome é probablemente de orixe cumana, significando "O Rei Pai", derivado de "basear" - "reinar" e "aba" - "pai". No século XIX, Petriceicu Haşdeu propuxo unha variante autóctona, provindo de "ban" significando "dono", e da palabra dácica "saraba", significando "cabeza" (aínda presente nalgunhas rexións romanesas coa forma "sarâmb"), mais esta etimoloxía é en xeral negada polos especialistas.

O pai de Basarab, Thocomerius (cuxo nome foi considerado de orixe eslava, e agora cumana), foi probablemente o primeiro voivoda en gobernar a Valaquia enteira. Basarab chegou a ser vasalo do Reino de Hungría, mais entre 1324-1325, comezou a súa loita en contra do rei húngaro. Nun documento húngaro de Carlos I (do 26 de xullo de 1324) Basarab é chamado "o noso voivoda transalpino"",[1] e, soamente un ano despois, nun diploma do 18 de xullo de 1325, é chamado "Basarab transalpino, non leal á coroa santa do rei".[2]

En 1330 Basarab derrotou ao rei húngaro Carlos I na Batalla de Posada, gañando desta maneira a independencia de Valaquia. Unha das crónicas máis importantes deste evento é o "Chronicon Pictum".

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Woiuodam nostrum Transalpinus, Vasary, p. 150
  2. Bazarab Transalpinum sancte regie coroe infidelem, Vasary, p. 150

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]