Bas, Goiáns, Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°13′12″N 8°44′25″O / 43.2201335, -8.7403586

Bas
ParroquiaGoiáns
ConcelloCarballo
Poboación43 hab. (2018)

Bas é un lugar da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 43 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 22 homes e 21 mulleres. Hoxe en día o número de habitantes de Bas esta decaendo ao mesmo tempo que envellece.

Bas é a aldea máis antiga e que máis preto se atopa de Carballo, isto nótase na forma antiga de construción das súas casas, polo que podemos atopar antigas casas de pedra nas que se gardan antigos instrumentos de labranza xa que Bas é unha aldea na que os seus habitantes sempre se adicaron á labranza e ao coidado dos animais.

En Bas, son coñecidos os veciños por alcumes coma os de Agosto, o do Reino, a Padula, os da Costa, os da Pedreira ou polo seu apelido como son os de Moreira.

Aínda que a maior parte do terreo de Bas é terreo rural e non se pode construír, actualmente estase a construír unha casa en Bas nunha zona edificable, polo que se pode lle asegurar unha xeración mais de vida a esta antiga aldea.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Goiáns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Goiáns no concello de Carballo (A Coruña)

Bas | A Costenla | Goiáns de Arriba | Goiáns do Rego | A Igrexa | O Piñeiro | Vilanova | Xoane | Xoane da Estrada

Parroquias de Carballo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo

Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)