Basílica de San Vidal de Rávena
| Basílica de San Vidal de Rávena | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rávena | |||||||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||||||||
|
Parte de
| |||||||||||||||||
|
Estilo
| |||||||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||||||
|
Diocese
| |||||||||||||||||
|
Dedicado a
| |||||||||||||||||
|
Visitantes anuais
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||
A basílica de San Vidal de Rávena[1] (en italiano: Basilica di San Vitale) é un dos templos máis importantes da arte bizantina que, coma outras da cidade de Rávena, foi reformada por desexo expreso do emperador Xustiniano I a partir de construcións anteriores a fin de acelerar a integración dos territorios conquistados ó imperio Bizantino.
A obra financiouse cos cartos do banqueiro Xuliano Arxentario (Iulianus Argentarius), de quen se sabe pouca cousa: era de orixe grega e tamén patrocinou a construción da basílica de Santo Apolinar in Classe.[2] Foi supervisada polo arcebispo da cidade, Maximiano de Rávena, quen a consagrou no ano 547. Todos estes personaxes aparecen na decoración de mosaicos que se fixo entre os anos 546 e 548, ano da morte da emperadriz Teodora. Estes mosaicos son un bo exemplo das artes figurativas bizantinas e dan unha idea de como puideron ser construídas estas obras durante a querela iconoclasta dos séculos VII e VIII e a caída de Bizancio en mans dos turcos otománs: en San Vidal as obras preserváronse, en primeiro lugar, porque Rávena posiciounouse en contra dos iconoclastas e, en segundo lugar, porque a cidade xa non era bizantina durante a invasión turca. Por estas razóns, as imaxes salváronse de ámbalas dúas catástrofes artísticas.
No ano 1960, a igrexa de San Vidal recibiu o título de basílica menor[3] polo papa Xoán XXIII. Está incluída, xunto con outros monumentos de Rávena, na lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende o ano 1996, dentro da serie "Monumentos paleocristiáns de Rávena[4]".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Ravenna Festival (ed.). "Basilica di San Vitale" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 8 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Gcatholic.org" (en inglés). Consultado o 10-11-2016.
- ↑ "Sitio da UNESCO (Monumentos paleocristiáns de Rávena)" (en francés). Consultado o 11-11-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basílica de San Vidal de Rávena |
