Bartholomäus Spranger
Bartholomäus Spranger | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de marzo de 1546 e 31 de marzo de 1546 |
Lugar de nacemento | Antuerpen |
Falecemento | agosto de 1611 |
Lugar de falecemento | Praga |
Nacionalidade | Países Baixos dos Habsburgo |
Etnia | Pobo flamengo |
Ocupación | pintor, gravador, debuxante, augafortista e escultor |
Pai | Joachim Spranger |
Cónxuxe | Christine Spranger |
Coñecido por | Venus and Adonis e Venus e Adonis |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bartholomäus Spranger, nado en Antuerpen o 21 de marzo de 1546 e finado en Praga en agosto de 1611, foi un pintor e gravador flamengo, representante do estilo maneirista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Discípulo de Jan Mandyn e de Cornelis van Dalem, viaxou a Italia (Milán e Parma) e a Francia, o que o levou a incorporar o seu estilo á corrente maneirista, que se estaba a desenvolver nesas datas.
Viviu durante unha tempada en Roma, traballando para grandes comitentes, comos os Farnese e os Caprarola, e chegando mesmo a ser nomeado pintor papal no ano 1570. Algo máis tarde pasou a traballar como pintor da corte en Viena e en Praga, entre os anos 1575 e 1611.
Spranger non produciu moitas obras de tema sacro, preferindo case sempre o ámbito mitolóxico. O seu maneirismo, moi elaborado e sólido, é reputado como un dos mellores entre os artistas de fóra de Italia.
Obras[editar | editar a fonte]
Obras da primeira época[editar | editar a fonte]
- Paisaxe de montaña con aldea primitiva (1569) - Staatliche Kunsthalle, Karlsruhe.
- Paisaxe de montaña con ermida (1569) - Staatliche Kunsthalle, Karlsruhe.
Período romano[editar | editar a fonte]
- O Xuízo Final (1571) - Pinacoteca Nazionale de Torino.
- Conversión de Saúl (v. 1573) - Milán, Pinacoteca Ambrosiana.
- Retablo do Martirio de San Xoán Evanxelista (antes de 1574) - Roma, San Xoán de Laterano.
- San Xurxo como vencedor do dragón (ca. 1574-1575) - Budapest, Szépmüveszti Múzeum.
Período centroeuropeo[editar | editar a fonte]
- Resurrección de Cristo (ca. 1576) - Praga Narodni Galerie.
- Anxèlica e Medoro (ca. 1580) - Múnic, Alte Pinakothek.
- Salmacis e Hermafrodita (ca. 1580) - Kunsthistorisches Museum, Viena.
- Glauco e Escila (ca. 1580-82) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Hèrcules i Dejanira (ca. 1582) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Hermes e Atenea (fresco, ca. 1584-85) - Castelo de Praga.
- Hércules e Omfalia (ca. 1585) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Vulcano e Maia (ca. 1585) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Venus e Adonis (ca.1586) - Ámsterdam, Rijksmuseum.
- "Sine Cerere et Baccho friget Venus" (Sen Ceres e Baco arrefece Venus) (1590) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Epitafio de Nikolaus Müller (ca. 1592) - Praga, Narodni Galerie.
- Triunfo da sabedoría sobre a ignorancia (ca. 1592) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Adoración dos Reis Magos (ca. 1595) - Londres, National Gallery.
- Venus e Adonis (ca. 1596) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Alegoría da Xustíza e da Prudencia (ca. 1599-1600) - París, Museo do Louvre.
- San Sebastiàn (ca. 1602) - Praga, igrexa de San Tomé.
- Venus na fragua de Vulcano (ca. 1607-1610) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bartholomäus Spranger |