Barrio vermello
Aparencia
| De Wallen (nl) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Reino dos Países Baixos | |||
| País | Países Baixos | |||
| Provincias | Holanda Setentrional | |||
| Concello | Ámsterdam | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 6.500 m² | |||
O barrio vermello (Rosse Buurt en neerlandés) é un barrio central da cidade de Ámsterdam, nos Países Baixos, famoso pola súa historia, a súa arquitectura, a súa vida cultural e por ser un dos barrios máis liberalizados do mundo en canto á actitude cara á prostitución, as drogas e a diversidade sexual. Está formado por tres distritos diferentes: De Wallen, o máis famoso deles, Singelgebied e Ruysdaelkade.
