Bares, Mañón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bares
Igrexa de Santa María
ConcelloMañón[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°46′16″N 7°41′02″O / 43.771111111111, -7.6839838888889Coordenadas: 43°46′16″N 7°41′02″O / 43.771111111111, -7.6839838888889
Poboación197 hab. (2011)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Bares[1] é unha parroquia do concello de Mañón situada no extremo esquerdo da ría do Sor. No ano 2011 tiña 197 habitantes.

O extremo desta península chámase a Estaca de Bares. Na Estaca hai un parque eólico, precisamente nunha localización na que eran abondosos, noutrora, os muíños de vento e as aceas. O Semáforo de Bares serviu de axuda á navegación durante varios séculos e foi levantado a petición dos ingleses.

Historia[editar | editar a fonte]

O porto de Bares aparece citado por primeira vez o ano 916 nun documento do rei Ordoño II, quen concedeu o señorío da Vila de Bares e un mosteiro sito na parroquia de Mogor ao bispo de Mondoñedo Sabarico II. Pero a súa existencia como vila e como porto se remonta a moitos séculos antes. Atopáronse moedas fenicias, tégulas, ánforas e unha necrópole romana. Atopáronse tamén varias mámoas.

O peirao do porto de Bares, unha gran construción de grandes pelouros coñecida co nome do Coído, pode considerarse o porto máis antigo dos coñecidos no noroeste da Península Ibérica, talvez de orixe fenicia[Cómpre referencia]. Moitos expertos, incluíndo Federico Maciñeira e Fernando Alonso Romero, asignáronlle unha cronoloxía pre ou protohistórica, tendo en conta os frecuentes e importantes achados efectuados neste lugar. Unha teoría alternativa é a de que é se remonta ao século XIII ou XIV, cando se xeneralizou a caza da balea no litoral cantábrico, e Bares converteuse nun porto refuxio para os barcos baleeiros.

Quedan os restos dunha base do Exército dos Estados Unidos, pertencente ao sistema LORAN para control das comunicacións aéreas. Foi abandonada no ano 1991 trala caída do pano de aceiro e a redución de gastos militares dos Estados Unidos.

No alto do monte de Bares hai unha garita de pedra que entraba en comunicación con outras dúas en Espasante e no alto do Ortegal, cumprindo unha misión de vixilancia do territorio. A súa orixe estímase no século XVIII.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bares[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bares no concello de Mañón (A Coruña)

Anido | Campelo | O Faro da Estaca de Bares | O Porto de Bares | A Vila de Bares | Vilela

Parroquias de Mañón[editar | editar a fonte]

As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón

Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]