Sendo un barco de río de montaña, o rabelo non ten quilla e é de fondo chan, variando o seu tamaño entre 19 e 23 metros de eslora e 4,5 metros de manga. A súa construción é con taboleiros superpostos, ó estilo nórdico, a diferenza das naves de orixe mediterránea.
Cunha vela cadrada, o rabelo era manexado normalmente por seis ou sete homes. En canto ós mastros, só empregan un, tamén ó estilo nórdico. Para o seu goberno, utiliza un remo longo en popa, chamado "espadela". Cando era preciso, os barcos remontaban o río remolcados dende camiños de sirga por homes ou por bois.