Barbijaputa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBarbijaputa
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
século XX Editar o valor em Wikidata
España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioBarbijaputa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webradiojaputa.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: Barbijaputa Instagram: barbijaputaaa Telegram: barbijaputa Dialnet: 5217491 Editar o valor em Wikidata

Barbijaputa é o pseudónimo dunha escritora, columnista, tuiteira e activista social española.[1] Mantén oculta a súa identidade,[2] a súa firma apareceu por primeira vez publicada nun blog e deuse a coñecer masivamente nun perfil na rede social de Twitter creado en 2009 no que trata diversos aspectos de actualidade do feminismo e a política. Nos seus artigos denuncia abertamente actitudes machistas na sociedade que non escapan á controversia.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mantén en segredo a súa identidade máis alá de que é muller, nada en Andalucía, que traballou como auxiliar de voo en Tenerife, que residiu en Madrid,[5] e que vive en Andalucía.[6]

Autodefínese como:

... unha moza anónima que se fai eco das novas que considera oportunas cando o cre oportuno e dá a súa opinión libremente na súa conta de Tuiter. Direi máis ou menos tonterías, acertarei algunhas veces, equivocareime outras. Pero sobre todo, intento aprender e agudizar o pensamento crítico, cousa que Tuiter favorece. Poderei perder os papeis e saírme de ton tantas veces como ovule, queira, sinta e crea necesario. A quen non lle guste (perfectamente comprensible) pode deixar de seguirme, pero sempre recordando que non lle debo reembolsar ningún diñeiro, nin dar explicacións, nin pedirlle perdón. Tamén pode volver a seguirme, non lle cobrarei.[7]

O seudónimo de "Barbijaputa" foi creado durante a súa residencia en Tenerife cando traballaba como auxiliar de voo e ó non ter amigos alí crea un blog persoal coa única intención de comunicarse. A razón inicial do anonimato era evitar que as críticas a súa empresa lle acarreasen o despido.[5]

En 2009 iniciouse na rede social Twitter co mesmo seudónimo, e do mesmo modo que facía no seu blog comenta a actualidade facendo denuncia do machismo na sociedade de maneira politicamente incorrecta. A súa popularidade creceu cun gran número de seguidores e detractores, converténdose nunha persoa con influencia para o feminismo nas redes sociais en español no exenta de polémica.[8][9][10]

Iniciou a súa colaboración na prensa dixital, sendo o seu traballo máis importante ata a data de columnista en eldiario.es.

En 2015 comezou o seu traballo como escritora sendo o seu primeiro libro publicado El planeta Lilaverdía, libro de poesía infantil no que substitúe o seu seudónimo por Lula Libe.

En 2016 publicou a novela La chica miedosa que fingía ser valiente muy mal, a cal foi levada ó teatro,[11] e en 2017 publicou o ensaio Machismo, 8 pasos para quitárselo de encima, nos que anima a matar o machismo.[12] Ambos co seudónimo de Barbijaputa e cuxa temática principal é o feminismo, o machismo e o heteropatriarcado.[5]

En 2016 foi distinguida co Premio a la Comunicación no Sexista en medios dixitais polo seu blog en eldiario.es da Asociación de Mujeres Periodistas de Cataluña (ADPC).[13]

En 2018 iniciouse no mundo do podcast estreando Radiojaputa.[14][15][16]

Ten colaborado como columnista en distintos medios de información dixital entre eles La Marea,[17] eldiario.es,[18] Pikara Magazine[19] e tamén mantén un podcast en Público.[20]

Contra a misoxinia e o fascismo[editar | editar a fonte]

Nos seus libros e artigos destaca a denuncia da misoxinia e como habitualmente a mirada da sociedade establece un amplo nivel de tolerancia contra a violencia estrutural contra as mulleres.[21] Tamén denuncia como a loita pola liberación da muller é usada e terxiversada constantemente polos movementos conservadores, fascistas e racistas.[22]

Despois de "Machismo. 8 pasos de quitártelo de encima" publicado en 2018 dedicado ó cuestionamento de comportamentos machistas e á reflexión sobre como modificar condutas que non só prexudican ás mulleres senón que afectan a toda a sociedade, en 2019 publicou o libro Nadie duerme, no que se relata a historia dun grupo de mulleres dispostas a liberar o seu país do partido fascista que goberna e que ten atemorizada a poboación, sobre todo ós sectores femininos, LGTB e migrantes, mediante o colectivo FFR (Frente Feminista Revolucionario), cuxas integrantes son anónimas.[23]

Andrea Martín Rivas, en Distopía o realidad?, valorou Nadie duerme do seguinte xeito:[23]

Unha historia que transcorre no lugar ficticio, Eare, que despois de estar baixo o goberno da IdE (partido político de esquerda), pasou a estar no control do Totem (partido político de extrema dereita) dirixido por Luco Barán. Este último dedícase a perseguir a grupos feministas establecendo leis como a prohibición de reunión a grupos de máis de dez mulleres e, se o fan, deben estar acompañadas por homes. Se algunha se enfronta a eles, pasará por un duro interrogatorio no que, ademais, se lle humillará rapándolle o pelo.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (28 de novembro de 2019). "Barbijaputa: 'O pacifismo só é pacifismo se é elixido'". eitb.eus (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  2. "Barbijaputa: «España está dividida entre indignados e indignos»". Gonzoo, tu mundo, nuestro mundo. Consultado o 17 de abril de 2016. 
  3. "Las nuevas masculinidades: «Cuando entendamos que ser un hombre no es algo deseable ni digno de ser preservado, empezaremos a avanzar en la dirección correcta»". eldiario.es. 13 de marzo de 2017. 
  4. "¿Qué es el hembrismo?". eldiario.es. 18 de abril de 2016. Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "¿Quién es Barbijaputa? + Soledad Vélez". eldiario.es. 2 de xuño de 2016. Consultado o 19 de xuññode 2018. 
  6. Dirección: Barbijaputa, Técnica: Marta 1, Produción: Andrea, Promoción comercial: Gema, Redes: Marta 2, Música en redes: Bea (28 de xuño de 2021). "Último programa de la temporada: especial activismo". Radiojaputa. Tempada 4. Episodio 129. 1h47m20s No minuto. 
  7. Barbijaputa (31 de agosto de 2013). "Quién no soy" (en español). Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2016. Consultado o 17 de abril de 2016. 
  8. Redacción (12 de marzo de 2018). "El éxito de Manuel Marlasca en La Sexta reconcome por dentro a Barbijaputa". esdiario.com (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  9. Pepo Jiménez (17 de maio de 2018). "La paradoja del anonimato: si no quieres perderlo no puedes denunciar amenazas de muerte en redes sociales" (en español). Vozpópuli. Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  10. "¿Es Barbijaputa el 'alter ego' de la periodista Marta Nebot?" (en español). El Español.com. 17 de maio de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  11. Marcos, Marina (4 de marzo de 2017). "El feminismo de Barbijaputa, a escena". El Mundo. Consultado o 10 de outubrode 2021. 
  12. Sopeña, Nuria Coronado (8 de febreiro de 2017). "8 maneras de matar al machismo". Diario16 (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  13. Juanico, Núria (19 de novembro de 2016). "L'ARA rep un premi de comunicació no sexista". ara.cat (en catalán). Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  14. Redacción (16 de abril de 2018). "Estrenamos Radiojaputa, el podcast de Barbijaputa, en eldiario.es". eldiario.es (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  15. Cortizo, Ana (30 de xullo de 2018). "Los 10 podcast imprescindibles que tienes que escuchar este verano". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  16. Tarrago, Alba (25 de xuño de 2018). "8 podcasts feministas llenos de humor y activismo". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  17. "Barbijaputa". lamarea.com (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  18. "Barbijaputa". eldiario.es. Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  19. "Barbijaputa | pikara magazine" (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  20. "Barbijaputa". publico.es (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  21. Barbijaputa (17 de marzo de 2016). "Sólo racismo". eldiario.e (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  22. Barbijaputa (4 de xuño de 2020). "Vox, el gran beneficiado del 8M". publico.es (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  23. 23,0 23,1 Martín Rivas, Andrea (18 de marzo de 2020). "¿Distopía o realidad? “Nadie duerme”, de Barbijaputa". revistacontrapunto.com (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  24. "El planeta Lilaverdía - Lula Libé (Barbijaputa)". Editorial Origami - Tienda Online (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2016. 
  25. https://www.mujeresaseguir.com/social/noticia/1103907048615/los-comentarios-machistas-son-fuente-de-inspiracion.1.html
  26. Mónica Zas Marcos (12 de febreiro de 2017). "Yo también fui una machirula y otras mujeres despertaron mi conciencia feminista" (en español). eldiario.es. Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  27. "Nadie duerme". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]