Barbara Morgan
Barbara Morgan | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 28 de novembro de 1951 |
Lugar | Fresno |
Actividade | |
Misións | STS-118 |
Tempo no espazo | 12,75 días |
Premios | Women in Space Science Award |
[ editar datos en Wikidata ] |
Barbara Radding Morgan, nada en Fresno, California, o 28 de novembro de 1951, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misión STS-118.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Morgan graduouse en bioloxía humana na Universidade Stanford en 1973, ten credenciais de ensino pola facultade de Notre Dame en Belmont, California en 1974 e un doutoramento honorario pola Universidade do Estado en Boise en 2008.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA como substituta de Christa McAuliffe para o programa Un profesor no espazo o 19 de xullo de 1985. Participou na misión STS-118, pasando un total de 12,75 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Morgan, Barbara Radding" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xullo de 2010). "BARBARA RADDING MORGAN NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbara Morgan ![]() |