Barbara Liskov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barbara Liskov
Turing Centenary Celebration Liskov.jpg
Nacemento7 de novembro de 1939
Lugar de nacementoOs Ánxeles
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Stanford e Universidade de California en Berkeley
Ocupacióninformática teórica, profesora universitaria e enxeñeira
Coñecida porcomputação distribuída
PremiosPremio Turing, Medalla John von Neumann, Prêmio Harold Pender, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Programming Languages Achievement Award, Prêmio Weizmann de Mulheres na Ciência, Prêmio Pioneiro da Computação, honorary doctor of the University Polytechnic of Catalonia, Society of Women Engineers Achievement Award, membro da ACM, honorary doctor of ETH Zürich e NCWIT Pioneer in Tech Award
Na rede
http://www.pmg.csail.mit.edu/~liskov/
editar datos en Wikidata ]

Barbara Jane Huberman, coñecida como Barbara Liskov ou Barbara Jane Liskov, nada nos Ánxeles (California) o 7 de novembro de 1939, é unha destacada especialista en computación estadounidense.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballa no departamento de enxeñaría eléctrica e informática do MIT, como profesora de enxeñería de Ford. Licenciouse en matemáticas pola Universidade de California, Berkeley, en 1961, e anos máis tarde, en 1968, converteuse na primeira muller dos Estados Unidos en obter un doutoramento (Doctor Philosophiae) en ciencias da computación, pola Universidade de Stanford.[3]

Barbara Liskov dirixiu varios proxectos significativos, como o deseño e implementación da linguaxe de programación CLU, a primeira linguaxe de programación que admite a abstracción de datos; Argus, que foi a primeira linguaxe de alto nivel que admitiu a implementación de programas distribuídos, e Thor, un sistema de base de datos orientado a obxectos. Xunto con Jeannette Wing, desenvolveu unha definición particular de subtipo, comunmente coñecida como principio de substitución de Liskov.[4]

Ademais, Liskov é autor de tres libros e centos de informes técnicos.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A profesora Liskov pertence á National Academy of Engineering (National Academy of Engineering, en inglés) dos Estados Unidos .

En 2004 gañou a Medalla John von Neumann pola "súa contribución fundamental ás linguaxes de programación, ás metodoloxías de programación e aos sistemas distribuídos".[6]

En 2008 gañou o Premio Turing pola "súa contribución aos fundamentos teóricos e prácticos no deseño de linguaxes e sistemas de programación, especialmente relacionados coa abstracción de datos, a tolerancia a fallos e a computación distribuída".[7]

En 2018 foi nomeada doutora honoris causa pola UPM.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Barbara Liskov | MIT CSAIL". Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  2. "Barbara Liskov, especialista en ciencias de la computación | Efemérides" (en castelán). 7 de novembro de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  3. "Barbara Jane Liskov | American computer scientist" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  4. "Inductee Barbara Liskov Invented Computer Programming Languages" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  5. "Conferencia de Bárbara Liskov, Premio Turing 2008" (en castelán). 17 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  6. "Barbara Liskov | IEEE Computer Society" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  7. "Barbara Liskov - A.M. Turing Award Laureate". Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  8. [1]