Baranoa
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Colombia | ||||
| Departamento | Atlántico | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 50.261 (2005) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 127 km² | ||||
| Altitude | 118 m | ||||
| Creación | 26 de xullo de 1543 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Roberto Celedón (2020–) | ||||
| Sitio web | baranoa-atlantico.gov.co | ||||
Baranoa é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Atlántico. Limita polo norte cos municipios de Galapa e Tubará; polo sur, co concello de Sabanalarga; polo leste cos de Polonuevo e Malambo e polo oeste cos de Juan de Acosta e Usiacurí.
Historia
[editar | editar a fonte]Baranoa ten orixe indíxena, sendo nun principio un asentamento de tribos arauacas-caribes á beira do regato Grande. Durante a época da conquista foi refundada polos españois baixo o nome de Santa Ana de Baranoa. Con este nome pode ser localizado en cédulas da coroa no Museo Nacional de Colombia.
A aldea foi visitada en 1534 por Pedro de Heredia[1] e elevada á categoría de concello o 23 de outubro de 1856.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sistema Nacional de Información Cultural Arquivado 29 de decembro de 2018 en Wayback Machine., Ministerio de Cultura de Colombia
- ↑ "Sitio oficial de Baranoa". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 14 de febreiro de 2025.
