Bar, Ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bar - Бар, Ucraína")

Coordenadas: 49°04′30″N 27°40′34″L / 49.07500, -27.67611

Bar, Ucraína
Бар
Прапор-Бар.jpg
Barcoatofarms.png
Podoliabar.jpg
Vista de Bar
Localización
Bar en Ucraína
Bar
Bar
País Ucraína Ucraína
Óblast Oblast de Vinnitsia
Raion Barskyi Raion
Xeografía
Altitude 169 msnm
Superficie 5,95 km2 km²
Demografía
Poboación 17 776 (2011)
Densidade 2 890 hab./km2
Outros datos
Código postal 23000-23005
Alcalde Oleksiy Dzis
Páxina oficial de Bar

Bar (Бар en ucraíno) é unha cidade de Ucraína, localízase na ribeira do río Rov na rexión histórica de Podolia. Ten 16 600 habitantes (2004).

A orixe da cidade foi un pequeno posto comercial chamado Row. No século XVI a raíña Bona Sforza fundou unha fortaleza nun outeiro sobre o río e denominouno Bar, como homenaxe á súa cidade natal, Bari en Italia. En 1540 o rei Sexismundo I deulle á cidade dereitos de cidade. En 1648 os cosacos capturaron a fortaleza, e como consecuencia Bar quedou deshabitada. En 1672 pasou a poder do Imperio Otomán ata 1674 no que o rei Xoán III reconquistouna despois de catro días de asedio.

O 29 de febreiro de 1768 fundouse na fortaleza a Confederación de Bar formada por nobres polacos que se opuñan ao expansionismo ruso e aos reformistas polacos. Logo da Primeira Partición de Polonia a cidade pasou a poder de Rusia, e dende 1991 a Ucraína.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]