Bar, Ucraína
| Бар (uk) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Ucraína | |||
| Óblasts | Oblast de Vinnitsia | |||
| Former raion of Ukraine (en) | Bar Raion (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 15.337 (2022) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 5,95 km² | |||
| Altitude | 362 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Creación | 1401 (Gregoriano) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 23000–23005 | |||
| Fuso horario | ||||
| Identificador KOATUU | 0520210100 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | bar-city.gov.ua | |||
Bar (Бар en ucraíno) é unha cidade de Ucraína, localízase na ribeira do río Rov na rexión histórica de Podolia. Ten 16 600 habitantes (2004).
A orixe da cidade foi un pequeno posto comercial chamado Row. No século XVI a raíña Bona Sforza fundou unha fortaleza nun outeiro sobre o río e denominouno Bar, como homenaxe á súa cidade natal, Bari en Italia. En 1540 o rei Sexismundo I deulle á cidade dereitos de cidade. En 1648 os cosacos capturaron a fortaleza, e como consecuencia Bar quedou deshabitada. En 1672 pasou a poder do Imperio Otomán ata 1674 no que o rei Xoán III reconquistouna despois de catro días de asedio.
O 29 de febreiro de 1768 fundouse na fortaleza a Confederación de Bar formada por nobres polacos que se opuñan ao expansionismo ruso e aos reformistas polacos. Logo da Primeira Partición de Polonia a cidade pasou a poder de Rusia, e dende 1991 a Ucraína.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de BarArquivado 16 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en ucraíno)

