Saltar ao contido

Baptisterio de San Xoán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baptisterio de San Xoán
Florencia Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe da planta
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Battistero di San Giovanni (it) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Estilo
 Dedicado a
 Relixión
Implicados
 Dedicado a
 Diocese
Datas
 Fundación / creación
1059 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Patrimonio
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1982 (6ª Sesión)
Códigos e identificadores
VIAF146841425 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03352s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

O baptisterio de San Xoán (en italiano battistero di San Giovanni) é un edificio relixioso situado en Florencia, Toscana (Italia). É particularmente famoso polos seus tres conxuntos de portas de bronce, de considerábel valor artístico.

Atópase na Piazza del Duomo, ao oeste da catedral de Santa María del Fiore. Até o século XIX, todos os cidadáns católicos de Florencia eran bautizados neste baptisterio. Está incluída na categoría de basílicas menores.

Durante moito tempo, creuse que o baptisterio foi orixinariamente un templo romano dedicado ao deus Marte, o deus tutelar da vella Florencia.

Adoito acredítase a Dante coma o creador desta lenda, mais isto non é correcto. O seu creador foi Giovanni Villani no século XIV. Porén, escavacións realizadas no século XX demostraron que había un muro romano do primeiro século atravesando a praza do baptisterio. Probabelmente foi construído sobre os restos dunha torre de garda romana nunha esquina deste muro, ou outro edificio romados. De todos os xeitos, sábese con certeza que un primeiro baptisterio octogonal foi construído aquí no século IV ou V da nosa era e foi posteriormente substituído por outro baptisterio cristián no século VI d. C.

A súa construción atribúese a Teodelinda, raíña dos longobardos (570-628) para conmemorar a conversión do seu marido, o rei Autario. Foi a segunda basílica da cidade despois da de San Lourenzo, fóra do muro da cidade, e precedeu á igrexa de Santa Reparata. Foi inaugurada o 4 de marzo de 897, cando un enviado do Sacro Imperio Romano Xermánico asentouse por primeira vez alí para impartir xustiza. Probabelmente, as pilastras de granito foron tomadas do foro romano de Florencia, onde se atopa actualmente a Piazza della Repubblica. Durante ese tempo, o baptisterio atopábase arrodeado por un cemiterio de sartegos romanos, empregados coma tumbas por importantes familias florentinas (agora no Museo dell'Opera del Duomo).