Banlieue

En Francia, banlieue (pronúnciase bɑ̃ljø) é un suburbio das grandes cidades. Estes suburbios están divididos en distritos administrativos, pero non forman parte da propia cidade. Por exemplo, o 80% da poboación da Metrópole de París vive fóra da cidade París. Estes suburbios poden ser de moitas clases: Versalles ou Neuilly-sur-Seine son de clase alta; Clichy-sous-Bois e Bondy (Sena Saint-Denis) ou Corbeil-Essonnes (Essonne), pola súa banda, pertencen son banlieue de clase obreira.
Expresión "banlieue"
[editar | editar a fonte]Tomada en sentido estrito, a palabra refírese ás aglomeracións, barrios que rodean un centro urbano e están situados na periferia. Neste sentido, O concepto inclúe barrios acomodados, clases medias e traballadoras.[1] Porén, desde a década de 1970, a palabra banlieue converteuse en sinónimo de HLM,[2] cos barrios de inmigrantes converténdose en trampas de pobreza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "banlieue". archive.wikiwix.com (en francés). Consultado o 2024-12-10.
- ↑ Unha habitation à loyer modéré (HLM, pronunciado [aʃ ɛl ɛm], literalmente 'vivenda de alugueiro moderado'), é unha forma de vivenda de baixos ingresos en Francia e outros lugares francófonos como, Alxeria ou Quebec. Pode ser pública ou privada, con subvencións ao alugamento.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |