Banjarmasin é a capital de Kalimantan Meridional, Indonesia. Importante porto fluvial, cos seus 500000 habitantes é o centro comercial da bacía do río Barito. Hai unha refinaría de petróleo e unha universidade (Universitas Lambung Mangkurat, UNLAM).
No século XIV, Banjamarsin era parte do reino hindú de Majapahit, pero a fins do século XV pasou a mans musulmás. En 1606 permitíuselle o comercio aos holandeses, despois duns breves períodos de dominación británica, e converteuse en protectorado holandés en 1787.