Baniano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baniano
Clasificación científica
Familia: Moraceae
Xénero: Ficus

Un baniano, ás veces escrito coa ortografía inglesa, banyan,[1] é un tipo de árbore do xénero Ficus.

Variantes[editar | editar a fonte]

A palabra banyan inclúe varias especies de Ficus que teñen un ciclo de vida e aparencia semellantes, aínda que a principal e máis característica é Ficus benghalensis. Esta árbore atópase en moitas partes do subcontinente indio, moitas veces nos arredores das aldeas. Representa a senectude na tradición india porque os vellos da aldea adoitan sentar á sombra das súas pólas para fuxir da calor e para faceren reunións, unha especie de consello de anciáns. Tamén é unha árbore importante dentro da relixión hindú e atópase a miúdo preto dos templos.

Ficus benghalensis é a árbore nacional da India.[2]

Outras especies de Ficus que tamén se chaman "banyan" son:

Ciclo[editar | editar a fonte]

A árbore comeza a súa vida como planta epífita cando as súas sementes xerminan dentro dunha fenda na casca dunha árbore hóspede ou nun muro ou edificio. A planta crece até que as súas raíces aéreas forman un pseudotronco que finalmente roza a árbore hóspede ou destrúe o edificio.[3] Os seus froitos vermellos brillantes atraen esquíos e todo tipo de aves. Estes son os encargados de dispersar as sementes, que poden crecer nos lugares máis improbables. Aínda así, hai banáns que conseguen medrar de forma convencional.

As vellas árbores de banyan, xa que as grandes ramas se espallan horizontalmente, envían brotes aéreos que forman troncos adicionais. Estes sosteñen as pólas permitindo que a árbore se estenda para ocupar áreas moi grandes. A árbore de banyan máis grande do mundo está situada no xardín botánico Howrah, nos arredores de Calcuta. A súa circunferencia é de 412 m, cun diámetro de 131 m.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Árvore banyan Imagens, banco de imagens e fotos de Árvore banyan". create.vista.com (en portugués). Consultado o 2023-01-02. 
  2. Governo da India; páxina oficial (ed.). ""know India" (coñece a India): A árbore nacional". india.gov.in;. 
  3. Serventy, V. 1984. Australian Native Plants. Victoria: Reed Books.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]