Bandeira dos livonios
Bandeira dos livonios | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 1923 |
Cores | Verde Branco Azul |
A bandeira dos livonios[1] (en livonio: Līvõd plagā; en letón: Līvu karogs) é a bandeira étnica do pobo livonio. A bandeira foi utilizada por primeira vez pola Sociedade de Livonia (en livonio: Līvõd Īt) no ano 1923, e no presente é usada por varios grupos culturais de Livonia. As proporcións da bandeira son 2:1:2 e a relación entre a altura da bandeira e o seu ancho fíxase en 1:2. A cor verde representa os bosques, o branco representa a costa de Livonia e o azul representa o océano. Estes representan a cultura pesqueira de Livonia, e as cores simbolizan a visión dun pescador cando mira á costa.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Proporcións da bandeira.
-
Bandeira histórica da Gobernación de Livonia, unha das gobernacións bálticas do antigo Imperio Ruso.
-
Bandeira do Reino de Livonia entre 1570-1578, un estado cliente do Tsarato ruso.
-
O Ducado Báltico Unido, tamén coñecido como Gran Ducado de Livonia, comprendeu as terras de Estonia e Letonia e incluíu a creación dun Ducado de Curlandia e Semigallia e un Ducado de Estonia e Livonia.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definición de livonio -nia no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Flag of the United Baltic Duchy". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2022. Consultado o 04 de febreiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira dos livonios ![]() |