Bandeira do Iucatán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Iucatán
Bandeira do Iucatán
Características
Uso
Proporción4:7
Adopción16 de marzo de 1841 (orixinalmente)
11 de setembro de 2023 (readopción)[1]
Cores     Verde     Branco     Vermello

A bandeira do Iucatán é a bandeira empregada polo estado mexicano do Iucatán. No pasado tamén foi a bandiera da República do Iucatán, cando se proclamou na Península do Iucatán entre 1841 e 1848.[2] A república comprendían os actuais estados mexicanos do Iucatán, Campeche e Quintana Roo.[3][4]

O status oficial da bandeira derivou dunha reforma da Constitución Política dos Estados Unidos Mexicanos feita a finais de 2022 para permitir que os estados adopten os seus propios símbolos. A bandeira foi izada polas autoridades estatais por primeira vez en 182 anos o 21 de agosto de 2023 na capital do estado, Mérida.[5]

Descrición[editar | editar a fonte]

A "bandeira do Iucatán" ten un campo verde con cinco estrelas e ao seu lado dereito, a partir do mastro, tres franxas horizontais, en branco e vermello.

Cores[editar | editar a fonte]

As tonalidades oficiais exactas da bandeira aínda non foron definidas, pero as cores están inspirados na Bandeira de México; suxírese usar as seguintes de acordo ao sistema pantone, proporciónanse equivalencias aproximadas noutros sistemas de cor:

Sistema de cor Verde Branco Vermello
Pantone 3425c Safe 186c
RGB 0-104-71 255-255-255 206-17-38
CMYK 100-0-32-59 0-0-0-0-0 0-92-82-19
RGB Hex. 006847 FFFFFF CE1126

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: República do Iucatán.

A bandeira iucateca foi izada no edificio do Concello de Mérida, na "Praza Grande" da capital do Estado do Iucatán, por primeira e única vez, o 16 de marzo de 1841, como protesta contra o centralismo do México de Antonio López de Santa Anna. Nunca máis o pendón foi utilizado oficialmente polas autoridades do Iucatán despois de 1848.[6] Esa bandeira que se usou brevemente no século XIX, no contexto da república do Iucatán, non ten hoxe validez oficial.[7]

Dende entón, a poboación iucateca utilízaa discrecionalmente para manifestar a súa "iucataneidade". No ano 2001 celebrouse na cidade de Mérida unha conmemoración polos 160 anos da súa primeira e última utilización oficial.[8]

Evolución da Bandeira do Iucatán
Anos Bandeira Estatal Información relevante
1841 a 1848 (1:2) A bandeira da República do Iucatán izouse no edificio co Concello de Mérida, na "Praza Grande" da capital do estado do Iucatán, por primeira e única vez, o 16 de marzo de 1841, como protesta contra o centralismo do México de Antonio López de Santa Anna.[6]
1998 a 2023 (4:7) Estabeleceuse unha segunda bandeira estatal, sen recoñecemento legal pero usada nalgunhas ocasións como emblema do estado.
2023 até o presente (3:5) A bandeira converteuse no símbolo oficial do estado o 11 de setembro de 2023, substituíndo a bandeira non oficial formada por un escudo sobre fondo branco.[1] O executivo do goberno do estado de Iucatán volveu ondear a bandeira histórica da República do Iucatán, despois de 182 anos.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Bandera, escudo e himno yucatecos ya son oficiales". El Cronista Yucatán (en castelán). 2023-09-13. Consultado o 2023-12-24. 
  2. "Simbolismo de la Bandera de Yucatán". Ayuntamiento de Mérida. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2009. Consultado o 10 de xullo de 2010. 
  3. "Simbolismo de la Bandera de Yucatán". Ayuntamiento de Mérida. Consultado o July 10, 2010. 
  4. "Yucatán (Mexico)". www.crwflags.com. 
  5. "Poder judicial del estado Yucatán". 
  6. 6,0 6,1 Casares G. Cantón, Raúl; Duch Collel, Juan; Zavala Vallado, Slvio; et al. (1998). Yucatán en el tiempo. Mérida,Yucatán. 
  7. "160 aniversario de la Bandera de Yucatán (www.yucatan.com.mx)". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2005. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  8. "Aniversario de la bandera de Yucatán". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2009. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  9. "Poder judicial del estado Yucatán". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]