Bandeira do Estado Shan
Bandeira do Estado Shan | |
---|---|
Características | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 12 de febreiro de 1947 |
Cores | Amarelo Branco Verde Vermello |
A bandeira do Estado Shan é a bandeira étnica que representa ao pobo shan e ó Estado Shan, unha das divisións administrativas de Myanmar. Foi adoptada como unha das disposicións do Acordo de Panglong asinado o 12 de febreiro de 1947, o cal foi un dos pasos máis importantes cara á independencia de Myanmar.
A bandeira componse de franxas horizontais de cor amarela, verde e vermella, cun círculo branco no centro. O amarelo representa o budismo, que é practicado pola maioría do pobo shan, o verde representa a rica agricultura do Estado Shan, o vermello representa a valentía do pobo shan e o círculo branco representa a lúa, que simboliza as esperanzas de paz e estabilidade do pobo shan.[1] Outras interpretacións suxiren que o amarelo representa a cor dunha túnica de monxe ou un campo de arroz durante a colleita.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About Shan". Shan Culture Association - UK. Consultado o 6 de setembro de 2015.
- ↑ "Shan State (Myanmar)". www.crwflags.com. Consultado o 22 de agosto de 2018.