Bandeira de Sikkim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No presente, o estado de Sikkim, na India, non conta cunha bandeira oficial. Porén, o reino independente de Sikkim tivo unha bandeira nacional até que se converteu nun estado da India no ano 1975.

Reino de Sikkim (1877–1975)[editar | editar a fonte]

O Reino de Sikkim utilizou varias bandeiras ao longo da súa historia. Todas contiñan unha roda de oración Budista khorlo co gankyil como elemento central.[1] Até o ano 1967, a bandeira mostraba un deseño moi complexo cun bordo fantasioso e pictogramas relixiosos que rodeaban o khorlo.

En 1967, adoptouse un deseño máis sinxelo debido á dificultade de duplicación da complexa bandeira. O bordo quedou vermello sólido, os pictogramas foron eliminados e a roda foi redeseñada.

Coa admisión de Sikkim á República da India e coa abolición da monarquía, a bandeira perdeu a súa oficialidade en 1975.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A bandeira de Sikkim no FOTW". fotw.info. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  2. "Sikkim en worldstatesmen.org". worldstatesmen.org. Consultado o 12 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]