Bandeira do Senegal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bandeira de Senegal - Sénégal»)
Bandeira de Senegal
Bandeira de Senegal
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción20 de agosto de 1960
Cores     Verde     Amarelo     Vermello

A bandeira do Senegal foi adoptada o 20 de agosto de 1960.

As orixes da bandeira do Senegal remóntanse á antiga Federación de Malí, cuxa bandeira era moi similar, tendo como única diferenza unha silueta negra na sección central en lugar da estrela verde. A bandeira consta de tres franxas verticais de iguais dimensións coas cores panafricanas: verde (do lado do pau da bandeira), amarelo (a franxa central) e vermello. O significado das súas cores é:

  • Verde: é a cor do profeta Mahoma (e dos musulmáns), da esperanza para os cristiáns,e da fecundidade para os animistas.
  • Amarelo: representa a riqueza froito do traballo, é tamén a cor do espírito, das artes e das letras.
  • Vermello: a cor vermella é a cor do sangue e da vida ,e do sacrificio de toda nación na loita para o seu desenvolvemento.

A estrela de 5 puntas na cor verde, simboliza a abertura para o mundo, a esperanza da independencia do país e os 5 piares do islam para os musulmáns:

  1. A aceptación do credo.
  2. Orar cinco veces ao día.
  3. Pagar a zakat ou zakah ou azaque, décimo para axudar aos pobres.
  4. Observar o xaxún do ramadán.
  5. Facer a peregrinación a Meca.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]