Bandeira de Nunavut
Bandeira de Nunavut | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 9:16 |
Adopción | 1 de abril de 1999 |
Cores | Dourado Vermello Branco Azul Negro |
A bandeira de Nunavut (en inuktitut: ᓄᓇᕘᑉ ᓴᐃᒻᒪᑎ) foi adoptada oficialmente o 1 de abril de 1999, ao tempo que se creou o territorio de Nunavut, no Canadá. Amosa un inuksuk vermello (un marcador de terra tradicional inuit) e unha estrela azul, que simboliza a Niqirtsuituq (ou “Niqirtsituk”), a estrela do Norte e o liderado dos maiores na comunidade. As cores azul e ouro representan as riquezas da terra, do mar e do ceo. Adoptouse seguindo un proceso no que se solicitaron achegas das comunidades locais e propostas do público canadense.
Simbolismo
[editar | editar a fonte]A bandeira do territorio canadense de Nunavut consta de dous campos, un dourado e outro branco, divididos verticalmente por un inuksuk vermello cunha estrela azul na parte superior. Seleccionáronse as cores azul e dourada para representar as "riquezas da terra, do mar e do ceo", mentres que o vermello úsase para representar o conxunto do Canadá. O inuksuk, que divide a bandeira, é un monumento de pedra tradicional usado para guiar os viaxeiros e marcar lugares sagrados. Na parte superior, a estrela azul representa a Estrela Polar (Niqirtsituk / Niqirtsuituq), un obxecto celeste importante debido ao seu papel fundamental como faro de navegación, e como símbolo da sabedoría e o liderado dos anciáns da comunidade.[1]
Esquema de cores
[editar | editar a fonte]A bandeira de Nunavut ten as seguintes catro cores primarias[2] e o negro delineando o inuksuk;
![]() Esquema de cores |
Dourado | Vermello | Branco | Azul | Negro |
---|---|---|---|---|---|
CMYK | 0-15-99-1 | 0-82-95-16 | 0-0-0-0 | 100-47-0-26 | 0-0-0-100 |
HEX | #fdd602 | #D6270B | #ffffff | #0164BC | #000000 |
RGB | 253-214-2 | 214-39-11 | 255-255-255 | 0-100-188 | 0-0-0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Creation of the coat of arms and flag of Nunavut". Heraldry. Governor General of Canada. 2009-04-30. Consultado o 2016-11-29.
- ↑ "Nunavut Flag Colors Hex, RGB & CMYK Codes". Consultado o 9 de xaneiro de 2025.