Bandeira de Kabardino-Balkaria
Aparencia
| Bandeira de Kabardino-Balkaria | |
|---|---|
| Características | |
| Proporción | 2:3 |
| Adopción | 21 de xullo de 1994 |
| Cores | Azul Branco Verde |
A bandeira de Kabardino-Balkaria, (en ruso: Флаг Кабардино-Балкария; en karachai-balkar: Къабарты-Малкъарны Байрагъы; en kabardino: Къэбэрдей-Балъкъэрым и нып) é un dos símbolos oficiais desta república da Federación Rusa. É unha bandeira tricolor horizontal, cargada cunha silueta branca do Monte Elbrus, a montaña máis alta de Europa, no centro. As cores están dispostas na orde de azul claro, branco e verde, e a carga do monte Elbrus segue a mesma orde.
A bandeira foi adoptada o 21 de xullo de 1994; e as súas proporcións son 2:3.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Bandeira da República Autónoma Socialista Soviética de Kabardino-Balkaria.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Kabardino-Balkaria |