Bandeira da Lombardía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da Lombardía
Bandeira da Lombardía
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción12 de xuño de 1975 (de facto)
4 de febreiro de 2019 (de iure)
Cores     Verde     Branco

A bandeira da Lombardía é a bandeira que se emprega nas oficinas públicas da rexión italiana da Lombardía e nas manifestacións, malia que non ten carácter de oficialidade. Representa o escudo de armas, que foi adoptado xunto coa bandeira trala aprobación da Lei Rexional nº 85, do 12 de xuño de 1975[1], a proposta do daquela Ministro de Cultura Alessandro Fontana. A rexión da Lombardía regula o seu emprego[2].

Foi deseñada tamén en 1975 por Pino Tovaglia, Bob Noorda, Roberto Sambonet e Bruno Munari[3], e representa unha rosa camuna estilizada. A rosa camuna é un antigo símbolo solar que se atopa en 94 dos preto de 140 000 petróglifos do conxunto ruprestre do Val Camonica, na provincia de Brescia.

A rosa da bandeira é de cor branca e simboliza a luz. O fondo é verde e representa a chaira padana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Stemma, Gonfalone e Bandiera". regione.lombardia.it. Consultado o 13 de xaneiro de 2020. 
  2. Stefanini, Paolo. "La bandiera è di Formigoni e la gestisce lui". linkiesta.it. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  3. Fioravanti, Giorgio (1993). Il dizionario del grafico. Boloña: Zanichelli. pp. 468. ISBN 88-08-14116-0.