Bandeira budista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A bandeira budista

A bandeira budista foi creada o 28 de abril de 1885 en Sri Lanka polo coronel da mariña estadounidense xa retirado Henry Steel Olcott, un dos fundadores e o primeiro presidente da Sociedade teosófica, e máis por J.R. de Silva. Olcott chegara en 1879 á illa de Sri Lanka, apaixonouse polo budismo e concibiu a bandeira tamén como un xeito de axudar o nacionalismo ceilandés. De feito, a bandeira converteuse nun dos símbolos nos budistas nacionalistas ceilandeses.

En 1956, a bandeira é adoptada polo conxunto do budismo durante o Congreso Budista Mundial. Na actualidade úsase en todos os países budistas, ondea sobre os templos nas manifestacións relixiosas e forma parte dos elementos reivindicativos políticos, como na revolución azafrán, de Birmania.

Significación[editar | editar a fonte]

A bandeira budista.

A bandeira componse de catro cores do arco da vella, símbolo xa utilizado polos movementos esotéricos do século XIX, e mais o branco. Son as cinco cores asociadas á aura de Buda, e que se representan tanto en horizontal como en vertical na bandeira. As cinco cores representan ademais as cinco fontes de perfeccionamento indispensables na práctica budista.

As cinco fitas verticais significan:

  • o azul, a compaixón universal
  • o amarelo, o camiño do medio
  • o vermello, as bendicións da práctica
  • o branco, a pureza e a liberación
  • o laranxa, a intelixencia, que se entende ademais como un composto das catro cores anteriores, e que se emprega tamén para a tintura das túnicas dos monxes.

Hai unha sexta fita vertical que recolle as cinco cores anteriores, representadas horizontalmente, e que simboliza a non-discriminación.